11 de set. de 2024

Comezamos o curso mergullados nunha Galiza Encantada

As voces que contribuiron a visibilizar a enorme riqueza dunha expresión artística colectiva, a poesía popular oral transmitida a través das cantareiras, dos etnomusicólogos e afeccionados responsables da preservación dun legado histórico serán as protagonistas das Letras Galegas 2025. A Galicia imaxinaria: mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ao esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva é o lema do noso colexio. Convidámosvos a descubrir a maxia e o encanto das nosas lendas.
GALIZA MÁXICA

Ningún comentario:

Publicar un comentario