23 de set. de 2020

XA CHEGOU O OUTONO

 Segundo o Instituto Xeográfico Nacional o outono comezou onte, 22 de setembro ás 15 horas e 31 minutos. Este ano a estación das cores ocres, do mel, das castañas...durará 89 días e 20 horas.

Dende o Equipo de Dinamización de Galego, queremos poñer á vosa disposición algunhas ideas para traballar este momento do ano. Agardamos que sexan de proveito para vós.

E, lembrade: Se en setembro comeza a chover, outono seguro é.


Para acceder ao documento coas propostas pulsa
 aquí

11 de set. de 2020

BENVIDAS E BENVIDOS

 Que ben! Xa voltamos ao cole todo o alumnado! Que ganas había de volver a verse! Aínda que algúns xa nos tiñamos cruzado pola rúa, xa tiñamos xogado e mesmo compartido moitos días e horas pero, nunca é coma no cole, aquí os momentos son especiais e diferentes. Hoxe xa bulían os cativos e as cativas por todos os corredores e xa estaban todos os pupitres ocupados e, ata os patios estiveron máis cheos que nunca! 

Xa sei que estades pensando que era unha volta á escola moi rara e, é certo, tedes toda a razón pero, que ben estivo volver logo de ter estado tanto tempo estudando na casa sen compañeiros e sen compañiras e recibindo o traballo a través dunha pantalla! Esto que onte e hoxe vivimos, xa é un motivo de alegría para toda a comunidade escolar. Agora temos que pór cada un de nós o noso gran de area (ou de xabón) para que poidamos seguir asistindo a clase todos os días lectivos. Por eso, e, porque estamos seguros e seguras de que así o faremos toda a comunidade escolar, dende este blog quero darvos a benvida co cartel que puxemos na entrada para que teñamos sempre presentes as normas imprescindibles que nos permitirán continuar disfrutando con alegría desta "normalidade temporal". Bo fin de semana e, ata o luns!



7 de set. de 2020

PREPARANDO O REGRESO DO ALUMNADO

 No CEIP García Barbón hai un bule bule dende hai xa días... A comunidade educativa está traballando para que o regreso ás aulas de todas as nenas e de todos os nenos sexa efectivo nas mellores condicións de seguridade posible, por eso veredes algúns cambios e moitas sinalizacións e recomendacións: todas son MOI IMPORTANTES e, a todas elas debedes prestarlle moita atención, eso axudaranos a convertir o noso cole nun espazo  máis seguro.

Aquí vos deixamos un recordatorio das normas hixiénicas máis importantes para que vaiades practicando


Estamos desexando poder dicirvos: