11 de set. de 2020

BENVIDAS E BENVIDOS

 Que ben! Xa voltamos ao cole todo o alumnado! Que ganas había de volver a verse! Aínda que algúns xa nos tiñamos cruzado pola rúa, xa tiñamos xogado e mesmo compartido moitos días e horas pero, nunca é coma no cole, aquí os momentos son especiais e diferentes. Hoxe xa bulían os cativos e as cativas por todos os corredores e xa estaban todos os pupitres ocupados e, ata os patios estiveron máis cheos que nunca! 

Xa sei que estades pensando que era unha volta á escola moi rara e, é certo, tedes toda a razón pero, que ben estivo volver logo de ter estado tanto tempo estudando na casa sen compañeiros e sen compañiras e recibindo o traballo a través dunha pantalla! Esto que onte e hoxe vivimos, xa é un motivo de alegría para toda a comunidade escolar. Agora temos que pór cada un de nós o noso gran de area (ou de xabón) para que poidamos seguir asistindo a clase todos os días lectivos. Por eso, e, porque estamos seguros e seguras de que así o faremos toda a comunidade escolar, dende este blog quero darvos a benvida co cartel que puxemos na entrada para que teñamos sempre presentes as normas imprescindibles que nos permitirán continuar disfrutando con alegría desta "normalidade temporal". Bo fin de semana e, ata o luns!



Ningún comentario:

Publicar un comentario