21 de xuño de 2021

IMAXINANDO FUTUROS E...

 Hoxe iniciamos unha nova semana escolar, e con ela, chegan os dous últimos días lectivos para o alumnado do CEIP García Barbón. Son días de alegría por un traballo feito, de satisfacción por todo o que cada unha e cada un acadou neste tempo, de ilusión porque hai un merecido descanso ás portas...

Mentres ese descanso non chega seguimos divertíndonos co traballo e deixando voar a imaxinación. Neste caso observade como voa a de Marina de 6º A mentres observa os cadros de Antón Patiño.

Abrídelle as portas á imaxinación!


Imaxinando con Antón Patiño de Marina Pombar

16 de xuño de 2021

OH! AH!

 Todas e todos sabedes canto nos motiva O ARTE e como esta motivación nos axuda a expresarnos. Hoxe para facelo dun xeito diferente estivemos a traballar coa imaxinación, a pintura de Menchu Lamas e...as onomatopeas.

Os ingredientes eran:

- Vídeo de Menchu Lamas no que se dirixe á nosa comunidade educativa dende o seu estudio en Alcabre.

- Un conto

- Imaxinación, traballo, esforzo e moitas moitas ganas de pasalo ben!

Anímaste?



Onomatopeas con de Adriana Valencia

4 de xuño de 2021

OUTROS 21 DÍAS EN GALEGO???

 Este curso, no que xa amosamos que todo é posible, seguimos alongando actividades que nos gustan e que nos fan disfrutar! Hoxe rematamos un traballo no que colaboran diferentes niveis escolares: alguén pinta e alguén escribe! Quen fai cada tarefa? Eso non importa, o que importa é o traballo en grupo e o fantástico resultado final! Ou non?

Actividade xurdida da proposta de Antón Patiño de buscar un título para o cadro que inspirou esta imaxe




1 de xuño de 2021

PINTURA EN FEMININO

 Para rematar os nosos  "21 días en galego" temos a sorte de contar coa colaboración dunha pintora galega, nacida en Vigo, e mundialmente coñecida: MENCHU LAMAS! Dela poderíamos narrar moitos momentos da súa traxectoria artística pero, vamos a deixar esa faceta de investigación, e animarvos a coñecela partindo dunha frase súa que foi extraída do seu discurso de ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes, no ano 2018:

" Hai que transmitir a mirada das mulleres, a sensibilidade que constrúe o binomio arte-muller, seguimos na loita pola superación do chamado teito de cristal"

Grazas Menchu pola túa colaboración e, por compartir connosco a túa Sensibilidade .