26 de out. de 2023

O MAGOSTO

Existe coincidencia en considerar os magostos como unha festa de orixe pagá, relacionada coa fecundidade e o folclore do lume que marca o paso dos ciclos agrícolas, a modo de simbolismo de peche do ciclo solar. Como aconteceu con outras festividades pagás, terminou sendo cristianizada asociándoa ós Santos e Defuntos ou a san Martiño de Tours
Está en MES e non en TRES Repítome tres veces en CASTAÑA Son a primeira letra de GUSTO. Son a última letra da frase anterior. Quedo no medio de FESTA. Aparezco no SOUTO e desaparezco en SOUBO. Son a letra que se repite en OUTONO. (MAGOSTO) de Bea Fraga

O SAMAÍN

Festividade celta a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Samaín 2023 de Bea Fraga