30 de abr. de 2020

OS MAIOS

Este fin de semana celébrase a festa dos Maios en moitas localidades de Galicia. A conmemoración será moi diferente a de anos pasados. Non sairemos á rúa cos maios e non cantaremos en grupo, a necesidade de gardar a distancia social para frenar a pandemia obríganos a modificar algúns hábitos. De todos xeitos nada nos impedirá seguir disfrutando e conmemorando as nosas tradicións. Aquí vos deixo un enlace a Aulas Galegas para que poidades aprender máis sobre esta festa tradicional galega, para que poidades cantalos con Habelas Hainas e mesmo facer maios na casa, en familia.

A disfrutar da FESTA DOS MAIOS neste enlace!

19 de abr. de 2020

REVISTA O PAPAGAIO

Hoxe déixovos a revista en galego, O PAPAGAIO, que a Editorial nos fixo chegar ao cole de xeito gratuito. Agardamos que coa súa lectura poidades pasar máis entretidas e entretidos o tempo na casa.
Moitas grazas a O PAPAGAIO polo seu agasallo. Sacarémoslle moito partido, seguro!

17 de abr. de 2020

María e o seu trabalinguas

Lembrades o reto do trabalinguas? Hoxe empezamos o día con María e co seu reto SUPERADO!



BRAVO!

16 de abr. de 2020

Bruno recita a Ledicia Costas

Para acabar o día de hoxe, que vos parece un poema de Ledicia Costas recitado por Bruno? Seguramente que a faceta que máis coñecíades da autora era a narrativa, non si? Aquí queda unha mostra da súa poesía.


Cantando a Rosalía

Quen se esconde detrás desta pantalla negra? A quen recita? Inxeniosa idea a recibida hoxe neste blog. Agardo que a disfrutedes tanto coma mín. Graciñas



Naia lendo a García Teijeiro

Que gusto de alumnado!!! Propóñolles un reto e fixádevos como responden. Sigo recibindo vídeos e audios que irei subindo día a día. Hoxe temos a Naia de 6º A léndonos un breve poema de García Teijeiro. Grazas Naia e, a vós, grazas por seguirnos. Agardamos que vos guste!

O carro

Nesta ventana ao exterior e, ao interior das vivendas e vivencias do noso alumnado, seguimos a mostrarvos como disfrutan coa poesía. Hoxe déixovos o vídeo de Breixo que nos explica cal é motivo da súa elección. Argumentos que convencen, non si? Grazas Breixo!


15 de abr. de 2020

Recitando poemas dende casa....

No noso recuncho de lingua galega seguimos recibindo poemas en galego recitados polo noso alumnado. Hoxe deixámosvos dous exemplos:
unha alumna de 6º A que nos recita de memoria un dos seus poemas favoritos e un alumno de 5º A que nos envía unha gravación de voz coa súa elección. 
GRAZAS AOS DOUS!



Matías 5º A

14 de abr. de 2020

Jorge elixe a Rosalía de Castro

En Lareando no Barbón seguimos recibindo respostas ao reto da lectura dun poema en lingua galega. Hoxe podedes ver a Jorge de 6º A que elixe un coñecido poema de Rosalía de Castro para saúdarnos dende a súa casa.
Graciñas por participar co teu vídeo, Jorge . Unha aperta moi forte!




10 de abr. de 2020

Paseniño, paseniño

O alumnado de 6º sigue lendo e disfrutando coa poesía de Antonio García Teijeiro. Hoxe deixámosvos dúas novas poesías recitadas por dúas persoas do grupo de 6º B. Coñecédelos?

6 de abr. de 2020

Sabela e o seu reto poético

Estamos de vacacións e non son días de traballo pero, ninguén pode considerar traballo recitar un poema!! Aquí vos deixo hoxe o reto poético de Sabela. 
Lembrade que estamos a conmemorar o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil que se celebrou o pasado 2 de abril, ao noso xeito, lendo poemas en galego!
Se alguén se anima, aínda está a tempo de enviar o seu vídeo. Tedes como data tope ata o 13 de abril incluído. Ánimo!


4 de abr. de 2020

Javier e o seu poema

Nestes días de confinamento o noso alumnado segue a facernos chegar as súas lecturas en galego. Feito que nos satisface un montón! Dende aquí queremos mostrarlles o noso recoñecemento pola súa actitude e pola súa resposta ás nosas propostas de traballo. O noso traballo ten sentido porque vós estades ahí. GRAZAS!
 

3 de abr. de 2020

Quen son?

Hoxe despedímonos cun vídeo dunha breve poesía de Antonio García Teijeiro recitada por...Adiviñas quen é? Anímaste ti a devolverlle o reto con outra poesía?
Máis que nunca, todos xuntos lendo en galego!



Unai recita a Álvaro Cunqueiro

Seguimos escoitando poemas...neste caso podemos escoitar a Unai que elixe un poema de Álvaro Cuqueiro. Non tedes envexa? Non sentides ganas de buscar un poema en galego e mandárnolo? Aquí vos esperamos, pouco a pouco iremos subindo máis participacións ao blog. Agardamos que vos axude a todos a pasar estes días na casa.
#euquedonacasarecitandopoemasengalego

Begoña recita ao mestre e poeta Antonio García Teijeiro

Lembrades o reto de onte? Aquel no que tras un vídeo de García Teijeiro recitando un dos seus poemas eu vos invitaba a emular? Begoña, alumna de 6º A aceptou o reto. Aquí queda a súa voz como testemuña delo.

Reto superado profe!

Onte, dende este blog aberto ao galego, puxemos un reto para todas as persoas que nos siguen e, o titor de 5º A aceptou o noso reto. Aquí o tedes recitándonos un poema de Rosalía de Castro.
Grazas profe! #quedámonosencasarecitandoengalego


2 de abr. de 2020

Celebrando o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil con García Teijeiro

Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Dende a páxina web de Aulas Galegas invítannos a celebralo coa lectura dun poema por parte do poeta vigués Antonio García Teijeiro. 
Aquí queda o seu vídeo. 
Grazas Antonio!

Agora podedes agasallarnos calquera de vós recitando un poema en galego e enviándonos  a gravación a lareando@gmail.com ( No caso de que sexas moi tímida ou moi tímido podes mandar só un audio). Ánimo lectoras e lectores!

1 de abr. de 2020

Javier ante o seu reto lingüístico

O alumnado de 6º continúa superando retos dende os seus domicilios. Hoxe deixamos aquí o reto superado por Javier. Non von animades ninguén máis?