28 de out. de 2013

O outono, o samaín, o magosto...


Aquí queda un symbaloo con información sobre o outono e as súas festas. Tedes un pouco de todo: música, información, libros lim,... Só tedes que facer clic encima de cada bloque e accederedes a recursos que xa estan na rede e que foron elaborados por moitos compañeiros e compañeiras.

24 de out. de 2013

MINGOS TEIXEIRA

O pasado 22 de outubro inauguramos a nova biblioteca do colexio. Pero houbo outro acontecemento importante. Mingos Teixeira, artista plástico de recoñecida traxectoria, donounos un cadro seu.
Mingos Teixeira colaborou hai anos co CEIP García Barbón a través do programa "Escola e Arte" do concello de Vigo, e por esa especial relación que mantivo co noso centro, foi polo nque nos agasallou a toda a comunidade educativa con esta fermosa obra.
GRACIAS.





A NOVA BIBLIOTECA

O pasado 22 de outubro, despois de obras, nova catalogación dos fondos, ..., e moito traballo, inauguramos a nova biblioteca do centro. Contamos coa presencia dos escritores Francisco Castro e Agustín Fernández Paz, ademáis de Abel Caballero (alcalde de Vigo) e Santos Héctor Rodríguez (concelleiro de educación). Unha biblioteca que quere ser un eixo fundamental na vida do cole, que quere dinamizar a vida di cole.
E como moitos de vós non puidestes asistir, aquí quedan unhas fotos.










22 de out. de 2013

"ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA, HAI UNHA LUZ"

Como sabedes hoxe inauguramos a nova biblioteca do cole. Contamos coa asistencia de moitos pais, nais e nenos e nenas do cole. Tamén estivo Abel Caballero, o alcalde de Vigo, Mingos Teixeira (artista plástico ao que lle adicaremos outra entrada), o escritor Francisco Castro (colaborador habitual do CEIP García Barbón) que nos dixo que a relación cos libros é unha historia de amor, e Agustín Fernández Paz (que non necesita presentación). E foi Agustín quen nos dixo que "Onde hai unha biblioteca, hai unha luz", e son as palabras de Agustín as que aquí deixamos nese manifesto que fixo no ano 2008 para o día das bibliotecas, coa ilustración de Xosé Cobas.

http://agustinfernandezpaz.eu/manifesto-dia-da-biblioteca/

15 de out. de 2013

ISTO ERAN TRES...

Agora que falta pouco para a inauguración da nova biblioteca, publicamos aquí o conto viaxeiro que elaboramos o curso pasado coa colaboración de todos os nenos e nenas do cole (e por suposto das e dos profes).Empezaron os pequenos de tres anos e cada grupo foi engadindo un capítulo novo. O resultado foi o que vos deixamos a continuación. Esperamos que vos guste.



Medremos 2013

O curso pasado rematámolo coa edición da revista do noso cole MEDREMOS 2013. Aquí deixamos un exemplar en formato dixital. Para velo un chisquiño máis grande, non tedes máis que facer clic encima da revista.

Novo curso

Xa hai un mes que comenzou un novo curso, e aparecemos aquí de novo. Esperamos ir subindo novas que contribúan á dinamización da lingua galega, tanto traballos que se elaboren no cole como contactos con institucións externas.