30 de abr. de 2021

21 DÍAS EN GALEGO

 Este último trimestre, neste curso académico tan diferente, queremos rematalo cunha actividade complementaria moi especial: Amosando o noso cariño pola lingua galega. Todas e todos nos sentimos profundamente orgullosas e orgullosos das nosas praias, dos nosos montes, das nosas vilas e aldeas e, como non: da nosa lingua. Este idioma que nos fai diferentes ao resto. 

Coa finalidade de promover o galego dende o seu emprego en moitas situacións cotiás e, para moitas tarefas diferentes, fixemos unha programación de " 21 días en galego" propondo ao conxunto da comunidade escolar actividades relacionadas coa música, coa lectura, co arte, coa autora homenaxeada no Día das Letras Galegas...

Dende este espazo queremos agradecer a colaboración de toda a comunidade educativa para a súa posta en práctica.


28 de abr. de 2021

ACHEGÁNDONOS A XELA ARIAS CON LEDICIA COSTAS

 Este ano a conmemoración do Días das Letras Galegas está adicado a Xela Arias. Nestes últimos tempos son varias as publicacións que se están a facer para achegarnos á súa obra así como para coñecer aspectos importantes da súa actividade a prol do galego e, por ende,de Galicia.

Deixamos aquí un vídeo no que Ledicia Costas, autora moi próxima a unha boa parte da rapazada, nos conta a súa experiencia persoal coa poesía de Xela e nos recita un breve poema dela.



Se queres acceder ao resto de vídeos promovidos pola RAG vai ao enlace

23 de abr. de 2021

DÍA DO LIBRO

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos lembrar a importancia da lectura e, da lectura en galego. Neste 23 de abril, unha viaxe nova pode comezar: a un país de maxia, ao pasado, a unha fermosa illa...a onde te deixes levar por un libro. !