4 de out. de 2018

Humor en galego

Ola a todas e a todos! Aquí estamos de novo, despois dunhas reparadoras vacacións! Este curso seguiremos amosando aquí algúns dos nosos traballos relacionados coa nosa lingua propia: o galego! Neste primeiro trimestre as alumnas e alumnos dos grupos de 6º imos  facer un pequno esforzo por alegrarvos o día cun chiste.
Empezamos!!!




Humor en galego


4 de xuño de 2018

COÑECENDO RÚAS DE VIGO

Como unha parte máis do PDI deste curso, o alumnado de 6º B tivo que realizar un vídeo explicando o porqué do nome dalgunha rúa da cidade; para a súa investigación empregaban o recorrido dun Vitrasa, a mellor forma de moverse pola cidade!
Deixámosvos un dos exemplos deste traballo, conta incluso con animación musical. 



3 de maio de 2018

PASEO POLO VIGO DA ARTE

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza este paseo gratuíto polo Vigo da arte e da literatura das Irmandades da Fala. Será guiado por  Xurxo Martínez González.
Terá lugar o SÁBADO, 12 DE MAIO,  (só poden asistir as persoas previamente inscritas).
As persoas interesadas teñen máis información premendo aquí

OS MAIOS

A continuación deixamos un enlace a diferentes actividades promovidas polo Concello de Vigo para dar a coñecer e difundir a tradición dos maios na cidade.



19 de feb. de 2018

PASEO LITERARIO " Polo Vigo de Rosalía de Castro"

En Santiago de Compostela, o 24 de febreiro de 1837, nacía María Rosalía Rita, coñecida hoxe como Rosalía de Castro. Na súa memoria o Concello de Vigo proclamou o 24 de febreiro como Día de Rosalía na nosa cidade (na que viviu e publicou "Cantares Gallegos").
Ademais para este vindeiro sábado está previsto un paseo literario sobre a autora. A continuación deixamos aquí a información sobre o acto cultural e invitámosvos a asistir.