31 de maio de 2021

POEMAR Á CARÓN DO MAR

 Antonio García Teijeiro obsequiounos con dous recitados, un para os niveis máis baixos e outro para os e as maiores do cole. Ambos poemas pertencían ao seu libro "Poemar o mar".

Logo de escoitar ao poeta, en 6º C decidimos coñecer máis poemas desa obra e, facer un agasallo para toda a comunidade educativa e tamén para o autor do libro.

Aquí deixamos un destes agasallos, o poema recitado dende unhas rochas por unha alumna desa aula.

Preme aquí para disfrutar do teu agasallo

VENTO, VENTIÑO, VENTEIRO

 A poesía forma un bloque moi importante dentro do noso proxecto do CEIP García Barbón e, traballamola de xeitos moi diversos. Dende os chanzos das escaleiras ata...un sinfín de actividades diferentes e divertidas.

Hoxe queda aquí  un vídeo  de 5º A de Educación Infantil para que comprobemos como disfrutan recitando poesía.

Agardamos que vos guste!

Vento ventiño venteiro 

Premede no título do poema


28 de maio de 2021

PINTURA E POESÍA

 Todas as persoas que nos seguides sabedes que, nestes intres, estamos a "mimar" dun xeito especial todo o que ten que ver con Galicia, coa nosa cultura, coas nosas tradicións...durante o noso proxecto de "21 días en galego".

Unha das actividades deste proxecto estaba relacionada con Antón Patiño e a súa obra pictórica. O artista enviounos un vídeo gravado no seu lugar de traballo e invitábanos a poñerlle título a un dos seus cadros. Tamén nos invitaba a facer unha composición escrita para explicar e comentar a súa obra. 

Ante esta proposta, solo cabía poñernos a crear e, cantas cousas fixemos! Hoxe deixamos para que disfrutedes unha composición elaborada por unha alumna de 6º A. A autora dalle o título de " Cadros poéticos con Antón Patiño".

A emoción que provocou o vídeo do autor queda plasmada no texto escrito pola alumna, non vos parece?

( As imaxes foron extraídas do vídeo enviado xenerosamente por Antón Patiño)

Cadros poéticos con Antón Patiño de antia

26 de maio de 2021

UN MOTIVO? NON, VARIOS!

 No CEIP García Barbón seguimos a nosa andaina dos 21 días en galego. E continuamos pensando se será certo que hai galegos en todo o mundo porque, pensabades que habería galegos na Antártida?

Está claro que os galegos e as galegas estamos espallados por toda a Terra e, como non podía ser doutra maneira, alí onde vamos levamos a nosa lingua.

Se algunha persoa aínda ten dúbidas sobre cales son os motivos polos que debemos contribuír a coidar e difundir o galego, aquí compartimos algunhas razóns.

Sobran motivos, non si?!

Preme no nome da nosa lingua

GALEGO



25 de maio de 2021

HOMES DE XEO

 Nestes "21 días en galego" estamos a coñecer moitos aspectos diferentes vinculados a diversas facetas artísticas e vinculadas estreitamente coa nosa comunidade autónoma e coa nosa lingua.

Hoxe invitámosvos a escoitar a presentación do reporteiro Carlos Prado. Naceu en Marín no ano 1982. Aos 18 anos comezou os estudos de audiovisuais e, posteriormente, continuou con Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou na TVG, en Radio Voz e no Diario As e, actualmente, traballa de reporteiro na Sexta TV. Entre as obras máis destacadas recomendámos o documental que aquí vos presentamos “Homes de xeo: galegos na Antártida” , filmado no Polo Sur a bordo do BIO Hesperides, buque de investigación polar español.


Vídeo de presentación


24 de maio de 2021

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO ACOMPÁÑANOS NOS 21 DÍAS EN GALEGO

 Neste proxecto de 21 Días en Galego, abrímoslle hoxe as nosas portas a Antonio García Teijeiro. Son varias as ocasións nas que estivo presencialmente no noso cole, en distintos niveis e falándonos de diversas obras súas. Hoxe, debido á situación que vivimos, escoitaremos a súa voz a través das pantallas. Presencial ou virtualmente, os teus poemas seguen a emocionarnos! 

Grazas por contestar sempre ás nosas chamadas.


Poema adicado á cativada máis pequena do cole



O GALEGO, A NOSA LINGUA

 A motivación é un elemento fundamental no noso día a día; no cole e tamén fóra del. Querer acadar un obxectivo é o primeiro paso para logralo. Ese é un dos elementos que buscamos acadar co proxecto dos "21 días en galego" motivarnos cara o emprego da nosa lingua. 

O alumnado de 6º A estivo a realizar algúns carteis motivadores que están expostos na entrada do noso cole, na cortiza. Deixamos aquí un deles.

Anímaste?





21 de maio de 2021

CHANZOS POÉTICOS

 Unha parte importante das actividades que estamos a realizar no cole teñen como eixo importante a Xela Arias e á súa obra. Durante a semana previa á conmemoración do Día das Letras Galegas os diferentes niveis traballaron poemas da autora e, un deles foi combinar imaxe e texto: aquí vos deixamos unha pequena mostra de como quedaron as escaleiras do cole! 

O que resta de curso subiremos ás aulas lembrando a Xela!



20 de maio de 2021

LINGUA E ARTE: ENSAMBLAXE PERFECTA

 Cando xa percorremos algo máis da metade dos nosos " 21 días en galego" queremos presentarvos a Antón Patiño quen se prestou a colaborar connosco, de xeito altruista, tan pronto como llo propuxemos.

Este artista e escritor galego nacido en Monforte de Lemos ( Lugo ) ábrenos, hoxe, as portas do seu estudio. Coas súas explicacións podemos facer un percorrido interesante por algunhas das súas obras de pintura. Se aceptamos o seu reto, no que aúna dúas das súas facetas (escritor e pintor), podemos desfrutar desa ensamblaxe perfecta da que falabamos no título da entrada.

Empezamos a aventura?


Grazas, Antón, pola túa visita e pola túa proposta!

19 de maio de 2021

MÚSICA EN DIRECTO E POR VIDEOCONFERENCIA


 A situación sanitaria que estamos a vivir dificulta moitas das actividades complementarias que viñamos realizando nos cursos pasados pero, somos quenes de esquivar a situación con imaxinación! 

Cando decidimos levar adiante o proxecto de " 21 días en galego" e pensamos en Tere para que nos axudara nas tarefas,rapidamente se ofreceu para facer varios obradoiros presenciais, respectando os grupos burbulla así coma o resto das normas sanitarias. Pero, dado que somos moitos grupos, conectamos un ordenador e, todo o centro puido velos a través de videoconferencia! 

Xa sabemos que non é o mesmo pero, mentres a situación non mellore, seguiremos a esquivar ao covid-19 con ilusión, imaxinación e divertíndonos moitoooo!

Aquí queda unha pequena mostra.



INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

 No CEIP García Barbón seguimos promovendo a lingua galega disfrutando dos nosos "21 días en galego". A través de actividades diferentes estamos comprobando como o galego é unha lingua fermosa e como a nosa cultura é merecedora dun lugar importante e destacado no noso día a día.

Unha tarefa das que estamos a facer é o de "escribir o libro de cadaquén" deixando constancia de tarefas vinculadas a algunhas das actividades propostas. 

Hoxe compartimos convosco algúns dos debuxos dos instrumentos tradicionais galegos que nos ensinou a tocar Tere Santamaría do grupo folk Sondeseu




Grazas Tere polas túas explicacións, pola túa música e polo entusiasmo que transmites!

10 de maio de 2021

PON ATENCIÓN, SOMOS O ALUMNADO DO CEIP GARCÍA BARBÓN

Empezamos a segunda semana do proxecto dos " 21 días en galego" a ritmo de rap. Concretamente escoitando o rap escrito e rapeado por todos os grupos do cole dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria. 

Nun ano marcado pola importancia da ciencia e da saúde que mellor que tomar nota dos consellos cantados polo alumnado do CEIP García Barbón.

Agardamos que disfrutedes con el!

Vai á imaxe para acceder ao rap


7 de maio de 2021

CANTO APRENDÍN DE XELA ARIAS NESTES DÍAS?

Dende o luns 3 de maio estamos a traballar para acadar "Os 21 días en galego" , Unha das propostas de traballo plantexada vai encamiñada ao coñecemento da figura de Xela Arias e, para animarnos a seguir investigando, deixamos aquí un pasapalabra para que poidades comprobar todo o que xa sabedes dela e, que eso sirva para animarvos a seguir coñecéndoa máis.

Agardamos que o disfrutedes!



3 de maio de 2021

DIFUNDINDO A FIGURA DE XELA ARIAS

 Para achegarnos á figura de Xela Arias programáronse varios actos e fixéronse propostas de achegamento moi diferentes e interesantes. Aquí deixamos a  compartida nas redes por Burbullas de PT, quen tantas veces, ofrece desinteresadamente o seu traballo. Gustounos especialmente porque hai propostas diferenciadas en función da idade da rapazada de Infantil e Primaria. 

Grazas!


COÑECENDO A XELA ARIAS

 Nestes 21 días en galego queremos coñecer a importancia que Xela Arias tivo para a nosa lingua e a nosa cultura. Para elo tomamos como punto de partida este vídeo musicado que elaboraron no CEIP Frei Luís de Granada de Sarria ( Lugo ). 


EMPEZAMOS A SEMANA CON RITMO

 Unha  nova semana de clase, unha nova semana na que iremos acadando metas segundo vaiamos remantando actividades. Para empezala cargadas e cargados de enerxía, nada mellor que entrar ás aulas con música. E, se se trata de música, nada mellor que a nosa, a que nos identifica e nos diferencia.

A cantar e bailar mentres aprendemos!


Hecho con Padlet

OBRADOIRO DE MÚSICA

Neste inicio do mes de maio, mes das Letras Galegas e dos nosos " 21 Días en Galego"  coñeceremos algúns aspectos relacionados coa música tradicional galega e con diferentes instrumentos que nos permitirán achegarnos a ela dun xeito diferente. 

Para o obradoiro de hoxe contamos cunha persoa moi vinculada ao galego e á música, Tere Santamaría! 


Esta non é a primeira vez que Tere acude á nosa chamada. No pasado, cando algún dos seus fillos estaba no noso centro, xa acudiu a compartir moitos momentos con nós. Hoxe, cando xa non está vinculada á comunidade educativa do  Barbón, segue a colaborar  connosco. Grazas Tere!

TRES, DOUS, UN ...E, ADIANTE COS 21 DÍAS EN GALEGO

 Dende o CEIP García Barbón iniciamos o mes de maio cun reto! Unha aposta, emocionante, chea de sentimentos, de coidados  e  de mimos polo que é noso: o noso idioma,  O GALEGO!

Xa sabedes que o noso obxectivo é poñer á lingua galega como protagonista durante 21 días. E, nesta viaxe, queremos contar con toda a comunidade educativa. Necesitamos que as familias sexades partícipes deste proxecto que, non é noso, é de todas e de todos!

 Para animarnos no inicio desta tarefa, contamos coa colaboración de Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia, Vigués Distinguido,Escritor, Pai de Ex-alumnos da nosa escola... e, defensor da nosa lingua alí onde el está e onde é necesario facelo.

GRAZAS!