18 de maio de 2016

ENTREGA DOS PREMIOS FARO DA ESCOLA

Nun acto multitudinario celebrado no Auditorio Mar de Vigo, Faro de Vigo entregou os premios do concurso Faro da Escola. Dez foron os colexios que participaron. Os nosos parabéns a todos os participantes.


O colexio García Barbón obtivo os seguintes premios:
Premio ao Mellor Suplemento de Infantil.
Premio á Reportaxe de Medio Ambiente.
2º Premio ao Mellor Xornal.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere reiterar o seu agradecemento:
Aos directivos de Faro de Vigo,
Juan Carlos Da Silva (director)
Isidoro Nicieza (director xeral)
Pedro Dias Da Costa (xerente)
Suso Portela (subdirector)

Aos patrocinadores do concurso e colaboradores,
Renfe, Vitrasa e FCC e Edicións Xerais de Galicia.

Aos traballadores de Faro de Vigo que, dun ou doutro xeito estiveron implicados neste gran proxecto. Sen a súa axuda, asesoramento e axuda sería imposible que o xornal Faro da Escola do García Barbón saíse adiante:

Sonia García (secretaria de dirección)
Bruno Rodríguez (xefe de sistemas)
Elías Regueira (maquetación e fotografía)
Ricardo García (xefe de produción)

16 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

A obra de teatro A Berenguela de Manuel María será representada polos alumnos de sexto de primaria no salón de usos múltiples do colexio co gallo do Día das Letras Galegas para os cursos de cuarto de primaria ata sexto, para os nenos e nenas de infantil e de primeiro ciclo a representarán coma unha obra de títeres.
A peza trata das aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela. A obra publicouse en 1979 e nela cóntase a historia das dificultades polas que pasa a espiña de toxo que representa a clase máis humilde da sociedade.
O escritor lucense Manuel María (Outeiro do Rei 1929- A Coruña 2004 ) pronuncia aos 19 anos no Círculo de Belas Artes  de Lugo a súa primeira conferencia, intégrase na tertulia luguesa do Café Mendez Nuñez invitado polo poeta Luis Pimentel posteriormente converteuse en editor da revista Xistral.
Publicou o seu primeiro poemario Muiñeiro de Brétemas en 1950. No verán de 1953 escribe a primeira redacción de Terra Chá. Da súa obra posterior cabe salientar Poemas ó outono (1977), A luz resucitada (1984), A primavera de Venus (199Brétemas de muiñeiro (2000). Tamén é autor de obras infantís e xuvenís como A Berenguela.
 

CONCURSO FARO DA ESCOLA

 
Dez colexios de Vigo participamos no concurso Faro da Escola. Representantes dos dez colexios acudimos o xoves 12 ás instalacións centrais de Faro de Vigo para visitar a rotativa de Celta de Artes Gráficas onde se imprimiron os exemplares. O concurso Faro da Escola, promovido polo decano e o Clube Faro, está patrocinado por FCC, Renfe e Vitrasa coa colaboración de Edicións Xerais.
Nesta primeira edición participaron os colexios Coutada- Beade, Chans-Bembrive, María Inmaculada-Carmelitas, Mariano, Divino Salvador de Coruxo, O Sello, Quiñones de León, Bouza Brey, Laredo Chapela e o noso colexio, o CEIP García Barbón. O vindeiro mércores 18 de maio celebrarase no Auditorio Mar de Vigo un acto no que asistiremos os representantes de todos os colexios participantes.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega coordinou a edición do xornal. Quixemos, deste xeito contribuir á dinamización da lingua galega no noso centro elaborando un xornal íntegramente en galego.
A valoración da participación neste proxecto realizado xunto co Faro de Vigo foi moi positiva. Cos erros lóxicos cometidos pola falta de experiencia, consideramos a iniciativa como un éxito.
Agradecer desde o EDLG a implicación dos alumnos/as á hora de elaborar as noticias, a participación dos mestres/as e, como non ao persoal de o Faro de Vigo polo tempo dedicado a este proxecto, polo asesoramento, a implicación no proxecto e por facernos partícipes desde o comezo ata o fin desta aventura.