22 de out. de 2017

HI HI HI,AS BRUXAS PREPARAN O SAMAÍN...!


Xa se achega o Samaín, festa de orixe celta celebrada en Galicia. A continuación deixamos algúns enlaces a recursos educativos do repositorio da Xunta de Galicia para quenes desexedes aprender máis sobre esta festa e decorar a vosa habitación.

Festa das cabazas- Materiais          O Samaín - LIM sobre esta festa tradicional

4 de out. de 2017

PARABÉNS A ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Antonio García Teijeiro ten visitado en varias ocasións o CEIP García Barbón para compartir connosco algunhas das súas obras.  Así no mes de febreiro estivo  falándonos do seu libro " Poema o mar" e , acompañados del, xogamos cos seus versos e desfrutamos da súa poesía.
Dende a comunidade educativa do noso cole queremos felicitalo por este premio que supón un recoñecemento á súa obra e traxectoria. Parabéns Antonio!