12 de dec. de 2023

"Xogos interxeracionais"

No colexio defendemos as iniciativas interxeracionais. Cremos nos beneficios das visitas a residencias da terceira idade como unha forma de normalizar situacións da vida diaria. O venres 15 visitaremos a residencia Ballesol. Unha actividade programada na que os nosos alumnos levarán unha selección de xogos interactivos para disfrutar cos maiores. Teremos música en directo. Unha experiencia enriquecedora que non imos esquecer.
ENCONTRO INTERXERACIONAL DE NADAL de Bea Fraga

Un pequeno anaco do "Guernica"

Postscripto da “Nai co neno” elaborado polo alumnado da Escola de Artes e Oficios de Vigo xunto co seu mestre Darío Álvarez Basso. Grazas pola doazón e por compartir connosco a paixón pola arte.
un anaco de guernica de Bea Fraga

3 de nov. de 2023

COMPENDIO DO SAMAÍN

O EDLG quere agradecer a todos e todas a participación nas actividades propostas. Parafraseando a Charles Dickens " A verdadeira grandeza consiste en facer que todos se sintan grandes"
SAMAGOSTÍN de Bea Fraga

26 de out. de 2023

O MAGOSTO

Existe coincidencia en considerar os magostos como unha festa de orixe pagá, relacionada coa fecundidade e o folclore do lume que marca o paso dos ciclos agrícolas, a modo de simbolismo de peche do ciclo solar. Como aconteceu con outras festividades pagás, terminou sendo cristianizada asociándoa ós Santos e Defuntos ou a san Martiño de Tours
Está en MES e non en TRES Repítome tres veces en CASTAÑA Son a primeira letra de GUSTO. Son a última letra da frase anterior. Quedo no medio de FESTA. Aparezco no SOUTO e desaparezco en SOUBO. Son a letra que se repite en OUTONO. (MAGOSTO) de Bea Fraga

O SAMAÍN

Festividade celta a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Samaín 2023 de Bea Fraga

13 de xuño de 2023

Parque das Illas Atlánticas, un paraíso natural.

1. Bosques autóctonos do parque das Illas Atlánticas
2. Animais das Illas Atlánticas
3. Aves terrestres das Illas Atlánticas
4. Vexetación das illas Atlánticas
5. Aves Mariñas
6. ADAPTACIÓN DAS PLANTAS NO PARQUE MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS

15 de maio de 2023

27 de abr. de 2023

25 de abr. de 2023

Actividades para conmemorar o Día do Libro.

Parabéns a Federico Fernández xa que o sábado 22 de abril recibiu o premio Follas Novas polo libro "Verme". Grazas polo obradoiro que realizáches o venres 21 no colexio. Agradecer a Ballesol e aos seus residentes a atención prestada. Foi un pracer compartir o tempo de lectura con vostedes.
Proyecto Universitario Coordinadora EDLG

20 de abr. de 2023

DÍA MUNDIAL DO LIBRO. 23 DE ABRIL

Compartimos con todos vós o gusto polos libros. Desexamos que teñades unhas lecturas gorentosas.
DÍA DO LIBRO de Bea Fraga

23 de feb. de 2023

14 de feb. de 2023

31 de xan. de 2023

Izando a Lingua. Pronomes de solidariedade e de interese por Martin Justo

Martin vai explicar os pronomes de solidariedade e de interese. Se queredes saber por que... "O neno non me come" prestade atención ao vídeo.
Diseño de Bea Fraga

16 de xan. de 2023

Consellos de vida

Os nenos e nenas de 5º A fixeron un traballo entrañable coa colaboración dos seus avós e avoas. Esperemos que vos guste.

13 de xan. de 2023

IZANDO A LINGUA GALEGA

Os alumnos/-as de sexto imos iniciar unha serie de videos inspirados no programa "Dígocho Eu". Esperamos que disfrutedes dos nosos consellos sobre a lingua e que tiredes da nosa lingua. "Como se di, planta ou pranta". Por Mael Iglesias
Diseño de Beatriz Fraga