19 de dec. de 2022

Rapeando no Barbón

A rapazada de 6º de Primaria rapeou con Esther Carrodeguas e Juanma Lodo. Remasterizado, en primicia para todos vós, o mellor rap do colexio! Temas sociais e lingüísticos no noso rap.
¡RAPEANDO de Bea Fraga

30 de nov. de 2022

Audioconto contra a violencia de xénero.

O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. En 2ºA traballamos esta temática tan importante e necesaria a través do conto "Arturo e Clementina", o cal nos fixo pensar moito e axudounos a entender que a violencia non soamente son os golpes, senón tamén as malas palabras que tanto pesan... Aquí tendes a historia contada polas nenas e nenos xunto coas súas reflexións.
Conto 25N 2ºA de Paula

27 de out. de 2022

Literatura oral e escrita. Contos de medo.

OS AVISOS DA MORTE O noso benquerido Castelao escribiu este magnífico conto, podedes descargar o pdf (código QR) ou ver esta curtometraxe. "Certo día fitoume unha vaca, que coidará de min?, pensei eu; e naquel intre a vaca baixou a testa e seguiu comendo na herba. Agora xa sei que a vaca soamente dixo: - Bo, total un home con anteollos."

18 de out. de 2022

SANMAGOSTÍN

No CEIP Plurilingüe García Barbón imos celebrar o SANMAGOSTÍN. Cancións de bruxas, contos de medo... Iso sen esquecer as catañas! Alguén dixo medo?
de EDLG

Xogos populares no García Barbón

Os xogos populares teñen unha dimensión lúdica e educativa e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. Posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica. Os xogos defínense como a actividade física ou mental que ten a finalidade de divertirse e entreterse. Velaí van as nosas recomendacións.
de EDGL

3 de out. de 2022

A arte do outono

 Este mes de outubro, desde o EDLG queremos ofrecervos unha serie de recursos que cremos que poden ser do voso interese.

Esperamos que gocedes con esta nova entrada no blog.

20 de set. de 2022

Comezamos un novo curso escolar


Nove meses para gorentar da cultura galega no blog de Dinamización Lingüística.

Chegou o día tan esperado! Desde o EDLG preparamos esta pequena revista para conmemorar a chegada do outono. 

Setembro é o comezo do outono. Quen o diría con este sol! Tirando do refraneiro popular..."Setembro, ou leva as pontes ou seca as fontes"

Diseño de Maider Torregrosa Redondo setembro no garcía barbón

de Bea Fraga

23 de maio de 2022

A semana pasada coñecimos a Florencio Delgado

E o alumnado de sexto fíxolle a súa propia homenaxe creando uns poemas sobre a súa vida e obra que quedaron moi orixinais :)
Florencio Delgado Gurriarán de Lara Alonso

 

19 de maio de 2022

Pasapalabra en Galego!

Aquí está o pasapalabra en galego creado polo alumnado de cuarto de primaria con motivo da Semana das Letras Galegas!

Esperamos que o desfrutedes :)
Pasapalabra en GALEGO! de Miriam

 

11 de maio de 2022

Liña do tempo de Florencio Delgado

Continuamos traballando a vida e obras do homenaxeado polas Letras Galegas neste ano, Florencio Delgado Gurriarán, nesta ocasión cunha liña de tempo feita pola rapazada de 6º de primaria.

Animádevos a pasar polo terceiro andar e botarlle unha ollada á súa cortiza!
Liña do tempo de Florencio Delgado Gurriarán

10 de maio de 2022

Canto sabedes de Florencio Delgado?

A rapazada de 5º de primaria ensínanos todo o que sabe sobre Florencio Delgado, o autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas.

Botádelle unha ollada ás súas presentacións e coñecede parte da súa vida e obras!
Bibliografía de Florencio Delgado. de Xiao Blas Ferreiro
Florencio Delgado Gurriarán de Irene Fernández Rey
Añadir un título de Noemí Cruz Giráldez
Florencio Delgado de Ana Crespo Fernández
poesia florencio delgado de Javier Varela Rodríguez
Eperamos que vos gustara a nosa presentación. de Mauro De Carlos Tobio


6 de maio de 2022

Maio... un mes moi especial!

Boas rapaces e rapazas! Xa chegou o mes de maio e con el chega o día da nosa lingua, o Día das Letras Galegas!!!

Deixámosvos por aquí enlaces a unhas webs con recursos e información moi interesante sobre o homenaxeado deste ano, Florencio Delgado Gurriarán


Esperamos que lle quitedes moito partido :)

11 de mar. de 2022

“De boca a boca, CÓNTAME porque te toca”

O Día da Narración Oral é unha celebración mundial da arte da narración. Celébrase cada 20 de marzo coincidindo co Equinocio da primavera.

Comezou a celebrarse en Suecia en 1991 cando unha rede de narradores suecos decidiu festexar o Equinocio de Primavera contando contos por todo o país. Pouco a pouco esta iniciativa foise extendendo a outros países. Actualmente narradores de todo o mundo celebran este día con diferentes iniciativas.


Mats Rehnman, un dos artífices do FEST (Federation for European Storytelling) creou un posible logo para este evento.


A palabra e a narración forman parte do Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Con esta iniciativa o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP García Barbón queremos contribuir a perservar a nosa oralidade.

“De boca a boca CÓNTAME porque te toca”

E os primeiros en participar nesta tradición de narración oral son os rapaces e rapazas de 5º de primaria:

Copia de Trobadores e Xograres de Aitana Molares López
Copia de REFRÁNS E DITOS de Martín Justo Vicente
Contos mínimos de Noemí Cruz Giráldez

3 de mar. de 2022

Sabemos moito de Rosalía!

A rapazada de 5º de primaria sabe moitísimo de Rosalía de Castro e queren compartilo con todo o cole con estas presentacións tan creativas!
Familia de Rosalía de Castro de Aryan Lago Álvarez
Lorca e Rosalía de Castro de Marcos Vázquez García Oro
Rosalía de Castro de Daniela Valle Andrade
TRABALLO ROSALÍA de Daniela Muiños Lago

22 de feb. de 2022

Que sabedes de Rosalía de Castro?

Rosalía de Castro foi unha escritora galega que naceu o 23 de febreiro de 1837.

Canto sabedes desta importante autora? Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega animámosvos a comprobalo!
                               

 

15 de feb. de 2022

Xa chega o Entroido!

No CEIP García Barbón estamos desexando que chegue o venres 25 para festexar o Entroido e os pequenos de 5º de infantil estiveron preparando unhas máscaras de peliqueiros que lles quedaron así de fermosas!




Día da muller e a nena na Ciencia: Avanzando cara a igualdade

O venres 11 de febreiro conmemorouse o Día da muller e a nena na Ciencia. Con tal motivo asistimos a unha charla organizada por Faro de Vigo: "Ciencia en feminino"

Lara García e Cristina Álvarez faláronnos das súas experiencias como científicas xa que ambalas dúas traballan en diferentes profesións relacionadas co mar. Luísa Martínez, doutora en Ciencias do mar que desenvolve a súa actividade no CSIC, foi a moderadora.

Resultou interesante saber que Lara García (técnica de apoio á Investigación no grupo de tecnoloxía e Biodiversidade Mariña do Instituto de Investigacións Mariñas) gañara un concurso co traballo sobre a reprodución do cabaliño do mar.

Sobre Cristina Álvarez (técnica da Unidade de Tecnoloxía Mariña), resultou curioso saber que, pese a que se lle detectara unha enfermidade nos ollos non abandonou o seu soño de dedicarse á investigación. Resiliencia, unha palabra que traballamos a míudo na aula.


A nosa admiración por estas dúas científicas que compartiron as súas achegas cos escolares.

O calendario científico escolar elaborado polo CSIC permitiunos coñecer o traballo de moitas científicas ao longo do tempo. Esperamos que Lara e Cristina formen parte do calendario en anos vindeiros.

Grazas pola vosa achega e por compartir con nós as experiencias vividas e, grazas por contestar a nosa pregunta enviada desde o chat. Alegrámonos de que non tiverades caído nunca ao mar nas vosas expedicións!

Os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe García Barbón desexamos que teñades afouteza para seguir coa vosa labor de investigación e agradecemos as vosas achegas.

Parece mentira que, en pleno século XXI teñamos que adicarlle un día a visibilizar as mulleres na ciencia e ter que romper cos roles de xénero. Esperamos que na ciencia, coma en outras materias avancemos cara a igualdade.

7 de feb. de 2022

Non hai camiño para a paz, a PAZ é o camiño!

Neste traballo de investigación os alumnos e alumnas de 5º de primaria empregaron distintos recursos para resolver o reto de descubrir o Camiño da Ría Muros-Noia. Este é resultado da cooperación e o traballo en grupo do noso alumnado.

Esperamos que esta aportación sexa de utilidade e disfrute para todos aqueles/as que queiran descubrir esta ruta que ten a peculiaridade de poderse realizar a pé ou ben por mar e terra.

Invitámosvos a entrar no genially "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño" !


Ademais, saímos no Faro! (preme para ver o artigo)