25 de xuño de 2020

NON CONTAXIAN PERO ENGANCHAN

A piques de rematar o mes de xuño e, cando o alumnado do CEIP García Barbón, estades nos vosos primeiros días de merecidas vacacións, queremos desexarvos que DISFRUTEDES DO VERÁN! Aproveitade para descansar das "pantallas" que tan presentes estiveron durante estes últimos meses e cargar pilas para o novo curso académico. Para axudarvos, deixamos aquí o cartaz da Feira do Libro de Vigo que comezou hoxe. Lembrade, non contaxian pero enganchan! 


VÉMONOS EN SETEMBRO!

8 de xuño de 2020

A POESÍA NO SEU LUGAR

Ao alumnado do CEIP García Barbón gústanos especialmente traballar coa poesía e, neste confinamento adicámoslle unha boa parte a esta tarefa. Hoxe deixamos aquí unha mostra que agardamos vos agrade. O traballo ten a súa orixe nun poema de Antonio García Teijeiro publicado no seu libro de poemas "Paseniño, paseniño". GRAZAS, a Antonio, polos seus poemas, a Daniel, polo traballo e, a todas e a todos vós, por ler o noso blog!


Para ver o poema completo vai ao ENLACE

SEGUIMOS COA POESÍA

Hoxe deixamos neste recuncho un breve poema en galego recitado por unha alumna de 5º A. Graciñas polo teu traballo!

7 de xuño de 2020

A ESCOLA DO CONFINAMENTO

Dende o pasado luns 16 de marzo, todo o entorno escolar cambiou e, o traballo tivo que programarse, realizarse e correxirse de forma diferente ao que ata entón coñecéramos. Na aula de 4º A creouse un blog para visibilizar algúns dos traballos que as alumnas e alumnos estaban a facer nas súas casas. Hoxe deixamos aquí unha mostra de verdadeiras e verdadeiros xornalistas 😉
 Para acceder aos traballos vai ao ENLACE

4 de xuño de 2020

REVISTA O PAPAGAIO

Xa estamos en xuño e, co novo mes, chegou tamén a nova revista para a xente miúda, O PAPAGAIO. Grazas por este agasallo!


Para acceder á revista completa vai ao ENLACE