10 de mar. de 2024

Rúas con nome de muller

As rúas actúan como espello da sociedade, reclamamos unha maior representación feminina nas rúas de Vigo
Rúas de vigo con nome de muller de Bea Fraga

7 de mar. de 2024

8 de marzo. Día da muller

As chambonas, un colectivo esquecido. Mulleres humildes e traballadoras que a modernidade fixo que pouco a pouco foran desaparecendo. Semella ser un oficio doutros tempos aínda que a compra e venda de obxectos usados está actualmente en vixencia, iso si agora polo wallapop.
8 de marzo.

23 de feb. de 2024

Rosalía de Castro no García Barbón

Estas son algunhas das actividades que fixemos no colexio para conmemorar o día da nosa escritora favorita, Rosalía de Castro. Si poñedes en modo presentación esta entrada do blog poderedes escoitar á cativada cantar unha versión actual dunha das poesías máis coñecidas de Rosalía.
A nosa Rosalía de Bea Fraga

22 de feb. de 2024

23 de febreiro, día de Rosalía de Castro

Para Galicia Rosalía de Castro é algo máis ca unha escritora. Xeración tras xeración, a súa figura é un referente.Para os galegos e galegas ningunha outra figura literaria ou cultural ou política ou o que for os une tanto arredor do sentimento de pertenza a unha terra. Ela xerou innumerables páxinas, imaxes, cancións… Sen dúbida, una das máis representativas visións da nosa autora foi a dada por Curros no célebre poema: “Do mar pola orela / mireina pasar / na frente unha estrela / no bico un cantar”.
Día de Rosalía de Castro de Bea Fraga

7 de feb. de 2024

21 días co galego e +

Tomando prestado o título dun libro de Luisa Villalta, 21 días co galego e +, melodía das palabras. Grazas a tod@s por participar.
“Melodía das palabras” de Bea Fraga

Iago Araujo aprendeunos a facer debuxos en movemento

O debuxante e mestre de cómic, Iago Araujo falounos do que é o benestar e a saúde. A través do debuxo, os personaxes creados por Iago e a rapazada adquiren movemento e botan a andar.
Oscar a Iago Araujo pola súa participación en de EDLG

4 de feb. de 2024

21 días dandolle a lingua e, agora +

Chegamos xa ao final dos 21 días e + en galego. Grazas a Pilar Ponte, promotora do proxecto, pola a súa axuda inestimable e a Isabel Valiño, coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de Pontevedra. Sen elas e sen a implicación da comunidade educativa este proxecto no podería terse levado a cabo. Aínda nos queda o encontro en Santiago de Compostela o 21 de marzo, día da lingua materna. O Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe García Barbón seguirá traballando para que a rapazada prosiga esta andaina. Grazas a todos e a todas pola vosa participación
Clausura de 21 días en galego e +. EDLG

1 de feb. de 2024

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA DE ALU-CINE

O alumnado de cuarto de primaria poderá disfrutar dun obradoiro de OSCAR. Impartido por Iago Araujo, mestre da academia KAME.
Añadir un subtítulo de EDLG

Saúde e benestar a través da banda deseñada

De xeito sinxelo e con poucas palabras entederemos o Obxectivo 3 de Desenvolvemento Sostible 3.
Añadir un título de EDLG

26 de xan. de 2024

Luís López e Ricardo Beiras na radio escolar

A radio escolar é unha poderosa ferramenta para traballar a competencia lingüística. A radio non é só educativa, formativa e colaborativa senón que converte aos alumnos en protagonistas da súa propia aprendizaxe. Para mostra, un botón.
Luís López Alonso Que pasa coa nosa lingua? de EDLG

18 de xan. de 2024

En Hollywood tamén falan galego

Parece ciencia fición pero non o é, tampouco é unha brincadeira. Un dos nosos actores favoritos de Hollywood defende o uso das linguas e grava este vídeo en defensa do galego. Un aplauso!!!!!!!!
do EDLG

17 de xan. de 2024

Oscar a Luís López Alonso polo acto de inauguración dos 21 días en galego e +

Este ano o tema do centro é o cine. Non podemos máis que darlle un Oscar a Luís López. Engaiolounos cun conto escrito para a ocasión. Grazas, Luís pola túa xenerosidade.
de EDLG

Proposta de actividades do EDLG para realizar nos 21 días en galego e máis

Velaí vai unha ristra de propostas para realizar nos 21 días en galego. Son pequenas suxestións. Como un calendario de advento podedes ir facendo unha actividade cada día se o considerades oportuno. O EDLG segue a traballar para pechar outras actividades. Desexamos que disfrutedes falando a nosa lingua.
Xogo do Aforcado de EDLG

16 de xan. de 2024

21 días co galego e +

Bota a andar unha nova edición de 21 días co galego e +, un programa impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A súa finalidade é promover o uso do galego oral entre a xente nova. Este ano o CEIP Plurilingüe García Barbón participa neste interesante proxecto.
Copia de Presentación de proyecto de EDLG