22 de dec. de 2021

Ata o ano que vén!

Onte despedimos o primeiro trimestre e entre os xogos navideños tamén houbo tempo para deixar voar a imaxinación e crear unhas historias de Nadal!

Por aquí vos deixamos unha foto do bonitas que nos quedaron!

Vémonos o ano que vén!



16 de dec. de 2021

Karaoke de Nadal

Boas a tod@s!

Xa estamos nos últimos días do primeiro trimestre e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega está de volta para proporvos esta vez que fagades un karaoke de Nadal

Animádesvos? Preparade a gorxa... afinade... e... a cantar!






19 de nov. de 2021

Coñecemos ó apalpador!

Bos días de venres!

Os rapaces de 4 anos están preparándose para Nadal e están traballando a figura do apalpador!!

Fixeron este mural e tamén aprenderon unha poesía.



12 de nov. de 2021

O magosto non só é comer... tamén é bailar!

 Aquí vos deixamos unhas cancións relacionadas co Magostopara amenizar o día de hoxe!

Esperamos que o pasedes xenial :)

 

Ademais, deixámosvos un poquiño de información relacionada coa celebración!






10 de nov. de 2021

Aquí vai unha de historias terroríficas...

 Faltábanos compartir por aquí as historias terroríficas en galego que fixo o alumnado de 4º de primaria.

Despois de escribilas, contáronllas a toda a clase e pasamos un bo rato na mañá do Samaín.




Estade atent@s porque pronto teremos novas relacionadas co Magosto!!!



3 de nov. de 2021

Unha presentación de medo!

A rapazada de 6ºA quere compartir con vós a súa presentación sobre o Samaín na que engadiron difertentes raps sobre a festividade!!!

Quedoulles fenomenal!!
 

2 de nov. de 2021

Novembro xa está aquí!

Comezamos novo mes e polo tanto, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega traémosvos un novo calendario... Esta vez con información sobre as ricas castañas!!



29 de out. de 2021

Samaín no Barbón!


 Continuamos con máis aportacións do alumnado para Samaín!!

Neste caso, imos co alumnado de primaria que nos encargamos de encher os corredores de decoración!

 
 
 
 


Samaín no Barbón!

Tal e como vos dixemos na última entrada... tiñades que estar atent@s as novidades de Samaín e... aquí están!

Todo o colexio estivo traballando duro para pasar un día de medo!!!

Comezamos co alumnado de infantil que fixo un obradoiro de cabazas!


  

Ademais, estiveron facendo unha poción máxica destrue medos e unha sesión de luz negra!!



8 de out. de 2021

Tempo de uvas!

Animámovos a pintar os vosos propios acios ou cachos de uvas!

É tempo de uvas e non se nos ocorre mellor momento para poñer en práctica a pintura das mesmas!


Continuade atent@s... pronto haberá novidades sobre Samaín...

24 de set. de 2021

COMEZAMOS!

Nove meses para desfrutar e gorentar a cultura Galega.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere ofrecervos unha selección de refráns, ditos, poesías e cadros realizados por artistas galegos e relacionados, nesta ocasión, co Outono!





Comezamos cunha humorística viñeta e refráns aportados por 5º de Educación Primaria.

Alumno de 5º A de Educación Primaria.
Alumnado de 5º B de Educación Primaria.

Estade atentos ás nosas novas!

8 de set. de 2021

BENVID@S AO CURSO 2021-2022!

Unhas cóxegas ao mar

Ten só tres letras

O MAR

mais se lle damos un bico,

medra,

sorrí

e aparece

o verbo aMAR

 

Poemar o mar

Antonio García Teijeiro

 

Este ano, entre tod@s queremos botarlle unha man ao mar.

Iniciamos este novo curso coa ilusión que nos salpica a tod@s. Os membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega zarparemos cara a novos horizontes e en cada viaxe poremos a nosa máxima ilusión. Xa sexa no mar azul que envolve e enluce a nosa cidade como sulcando outros mares tal coma fixeron Marco Polo ou Ulises. Sabemos que a forza e o poder de Neptuno nos vai acompañar.

Ao iniciar o curso hoxe izamos as velas cheos de esperanza para adquirir novas aprendizaxes. Devecemos por compartir este barco convosco.

Como di Antonio García Teijeiro neste poema, imos facerlle unhas cóxegas ao mar e converter esa palabra, MAR, nunha acción, aMAR.


21 de xuño de 2021

IMAXINANDO FUTUROS E...

 Hoxe iniciamos unha nova semana escolar, e con ela, chegan os dous últimos días lectivos para o alumnado do CEIP García Barbón. Son días de alegría por un traballo feito, de satisfacción por todo o que cada unha e cada un acadou neste tempo, de ilusión porque hai un merecido descanso ás portas...

Mentres ese descanso non chega seguimos divertíndonos co traballo e deixando voar a imaxinación. Neste caso observade como voa a de Marina de 6º A mentres observa os cadros de Antón Patiño.

Abrídelle as portas á imaxinación!


Imaxinando con Antón Patiño de Marina Pombar

16 de xuño de 2021

OH! AH!

 Todas e todos sabedes canto nos motiva O ARTE e como esta motivación nos axuda a expresarnos. Hoxe para facelo dun xeito diferente estivemos a traballar coa imaxinación, a pintura de Menchu Lamas e...as onomatopeas.

Os ingredientes eran:

- Vídeo de Menchu Lamas no que se dirixe á nosa comunidade educativa dende o seu estudio en Alcabre.

- Un conto

- Imaxinación, traballo, esforzo e moitas moitas ganas de pasalo ben!

Anímaste?



Onomatopeas con de Adriana Valencia

4 de xuño de 2021

OUTROS 21 DÍAS EN GALEGO???

 Este curso, no que xa amosamos que todo é posible, seguimos alongando actividades que nos gustan e que nos fan disfrutar! Hoxe rematamos un traballo no que colaboran diferentes niveis escolares: alguén pinta e alguén escribe! Quen fai cada tarefa? Eso non importa, o que importa é o traballo en grupo e o fantástico resultado final! Ou non?

Actividade xurdida da proposta de Antón Patiño de buscar un título para o cadro que inspirou esta imaxe




1 de xuño de 2021

PINTURA EN FEMININO

 Para rematar os nosos  "21 días en galego" temos a sorte de contar coa colaboración dunha pintora galega, nacida en Vigo, e mundialmente coñecida: MENCHU LAMAS! Dela poderíamos narrar moitos momentos da súa traxectoria artística pero, vamos a deixar esa faceta de investigación, e animarvos a coñecela partindo dunha frase súa que foi extraída do seu discurso de ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes, no ano 2018:

" Hai que transmitir a mirada das mulleres, a sensibilidade que constrúe o binomio arte-muller, seguimos na loita pola superación do chamado teito de cristal"

Grazas Menchu pola túa colaboración e, por compartir connosco a túa Sensibilidade . 





31 de maio de 2021

POEMAR Á CARÓN DO MAR

 Antonio García Teijeiro obsequiounos con dous recitados, un para os niveis máis baixos e outro para os e as maiores do cole. Ambos poemas pertencían ao seu libro "Poemar o mar".

Logo de escoitar ao poeta, en 6º C decidimos coñecer máis poemas desa obra e, facer un agasallo para toda a comunidade educativa e tamén para o autor do libro.

Aquí deixamos un destes agasallos, o poema recitado dende unhas rochas por unha alumna desa aula.

Preme aquí para disfrutar do teu agasallo

VENTO, VENTIÑO, VENTEIRO

 A poesía forma un bloque moi importante dentro do noso proxecto do CEIP García Barbón e, traballamola de xeitos moi diversos. Dende os chanzos das escaleiras ata...un sinfín de actividades diferentes e divertidas.

Hoxe queda aquí  un vídeo  de 5º A de Educación Infantil para que comprobemos como disfrutan recitando poesía.

Agardamos que vos guste!

Vento ventiño venteiro 

Premede no título do poema


28 de maio de 2021

PINTURA E POESÍA

 Todas as persoas que nos seguides sabedes que, nestes intres, estamos a "mimar" dun xeito especial todo o que ten que ver con Galicia, coa nosa cultura, coas nosas tradicións...durante o noso proxecto de "21 días en galego".

Unha das actividades deste proxecto estaba relacionada con Antón Patiño e a súa obra pictórica. O artista enviounos un vídeo gravado no seu lugar de traballo e invitábanos a poñerlle título a un dos seus cadros. Tamén nos invitaba a facer unha composición escrita para explicar e comentar a súa obra. 

Ante esta proposta, solo cabía poñernos a crear e, cantas cousas fixemos! Hoxe deixamos para que disfrutedes unha composición elaborada por unha alumna de 6º A. A autora dalle o título de " Cadros poéticos con Antón Patiño".

A emoción que provocou o vídeo do autor queda plasmada no texto escrito pola alumna, non vos parece?

( As imaxes foron extraídas do vídeo enviado xenerosamente por Antón Patiño)

Cadros poéticos con Antón Patiño de antia

26 de maio de 2021

UN MOTIVO? NON, VARIOS!

 No CEIP García Barbón seguimos a nosa andaina dos 21 días en galego. E continuamos pensando se será certo que hai galegos en todo o mundo porque, pensabades que habería galegos na Antártida?

Está claro que os galegos e as galegas estamos espallados por toda a Terra e, como non podía ser doutra maneira, alí onde vamos levamos a nosa lingua.

Se algunha persoa aínda ten dúbidas sobre cales son os motivos polos que debemos contribuír a coidar e difundir o galego, aquí compartimos algunhas razóns.

Sobran motivos, non si?!

Preme no nome da nosa lingua

GALEGO



25 de maio de 2021

HOMES DE XEO

 Nestes "21 días en galego" estamos a coñecer moitos aspectos diferentes vinculados a diversas facetas artísticas e vinculadas estreitamente coa nosa comunidade autónoma e coa nosa lingua.

Hoxe invitámosvos a escoitar a presentación do reporteiro Carlos Prado. Naceu en Marín no ano 1982. Aos 18 anos comezou os estudos de audiovisuais e, posteriormente, continuou con Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou na TVG, en Radio Voz e no Diario As e, actualmente, traballa de reporteiro na Sexta TV. Entre as obras máis destacadas recomendámos o documental que aquí vos presentamos “Homes de xeo: galegos na Antártida” , filmado no Polo Sur a bordo do BIO Hesperides, buque de investigación polar español.


Vídeo de presentación


24 de maio de 2021

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO ACOMPÁÑANOS NOS 21 DÍAS EN GALEGO

 Neste proxecto de 21 Días en Galego, abrímoslle hoxe as nosas portas a Antonio García Teijeiro. Son varias as ocasións nas que estivo presencialmente no noso cole, en distintos niveis e falándonos de diversas obras súas. Hoxe, debido á situación que vivimos, escoitaremos a súa voz a través das pantallas. Presencial ou virtualmente, os teus poemas seguen a emocionarnos! 

Grazas por contestar sempre ás nosas chamadas.


Poema adicado á cativada máis pequena do cole



O GALEGO, A NOSA LINGUA

 A motivación é un elemento fundamental no noso día a día; no cole e tamén fóra del. Querer acadar un obxectivo é o primeiro paso para logralo. Ese é un dos elementos que buscamos acadar co proxecto dos "21 días en galego" motivarnos cara o emprego da nosa lingua. 

O alumnado de 6º A estivo a realizar algúns carteis motivadores que están expostos na entrada do noso cole, na cortiza. Deixamos aquí un deles.

Anímaste?





21 de maio de 2021

CHANZOS POÉTICOS

 Unha parte importante das actividades que estamos a realizar no cole teñen como eixo importante a Xela Arias e á súa obra. Durante a semana previa á conmemoración do Día das Letras Galegas os diferentes niveis traballaron poemas da autora e, un deles foi combinar imaxe e texto: aquí vos deixamos unha pequena mostra de como quedaron as escaleiras do cole! 

O que resta de curso subiremos ás aulas lembrando a Xela!



20 de maio de 2021

LINGUA E ARTE: ENSAMBLAXE PERFECTA

 Cando xa percorremos algo máis da metade dos nosos " 21 días en galego" queremos presentarvos a Antón Patiño quen se prestou a colaborar connosco, de xeito altruista, tan pronto como llo propuxemos.

Este artista e escritor galego nacido en Monforte de Lemos ( Lugo ) ábrenos, hoxe, as portas do seu estudio. Coas súas explicacións podemos facer un percorrido interesante por algunhas das súas obras de pintura. Se aceptamos o seu reto, no que aúna dúas das súas facetas (escritor e pintor), podemos desfrutar desa ensamblaxe perfecta da que falabamos no título da entrada.

Empezamos a aventura?


Grazas, Antón, pola túa visita e pola túa proposta!

19 de maio de 2021

MÚSICA EN DIRECTO E POR VIDEOCONFERENCIA


 A situación sanitaria que estamos a vivir dificulta moitas das actividades complementarias que viñamos realizando nos cursos pasados pero, somos quenes de esquivar a situación con imaxinación! 

Cando decidimos levar adiante o proxecto de " 21 días en galego" e pensamos en Tere para que nos axudara nas tarefas,rapidamente se ofreceu para facer varios obradoiros presenciais, respectando os grupos burbulla así coma o resto das normas sanitarias. Pero, dado que somos moitos grupos, conectamos un ordenador e, todo o centro puido velos a través de videoconferencia! 

Xa sabemos que non é o mesmo pero, mentres a situación non mellore, seguiremos a esquivar ao covid-19 con ilusión, imaxinación e divertíndonos moitoooo!

Aquí queda unha pequena mostra.



INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

 No CEIP García Barbón seguimos promovendo a lingua galega disfrutando dos nosos "21 días en galego". A través de actividades diferentes estamos comprobando como o galego é unha lingua fermosa e como a nosa cultura é merecedora dun lugar importante e destacado no noso día a día.

Unha tarefa das que estamos a facer é o de "escribir o libro de cadaquén" deixando constancia de tarefas vinculadas a algunhas das actividades propostas. 

Hoxe compartimos convosco algúns dos debuxos dos instrumentos tradicionais galegos que nos ensinou a tocar Tere Santamaría do grupo folk Sondeseu




Grazas Tere polas túas explicacións, pola túa música e polo entusiasmo que transmites!

10 de maio de 2021

PON ATENCIÓN, SOMOS O ALUMNADO DO CEIP GARCÍA BARBÓN

Empezamos a segunda semana do proxecto dos " 21 días en galego" a ritmo de rap. Concretamente escoitando o rap escrito e rapeado por todos os grupos do cole dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria. 

Nun ano marcado pola importancia da ciencia e da saúde que mellor que tomar nota dos consellos cantados polo alumnado do CEIP García Barbón.

Agardamos que disfrutedes con el!

Vai á imaxe para acceder ao rap


7 de maio de 2021

CANTO APRENDÍN DE XELA ARIAS NESTES DÍAS?

Dende o luns 3 de maio estamos a traballar para acadar "Os 21 días en galego" , Unha das propostas de traballo plantexada vai encamiñada ao coñecemento da figura de Xela Arias e, para animarnos a seguir investigando, deixamos aquí un pasapalabra para que poidades comprobar todo o que xa sabedes dela e, que eso sirva para animarvos a seguir coñecéndoa máis.

Agardamos que o disfrutedes!



3 de maio de 2021

DIFUNDINDO A FIGURA DE XELA ARIAS

 Para achegarnos á figura de Xela Arias programáronse varios actos e fixéronse propostas de achegamento moi diferentes e interesantes. Aquí deixamos a  compartida nas redes por Burbullas de PT, quen tantas veces, ofrece desinteresadamente o seu traballo. Gustounos especialmente porque hai propostas diferenciadas en función da idade da rapazada de Infantil e Primaria. 

Grazas!


COÑECENDO A XELA ARIAS

 Nestes 21 días en galego queremos coñecer a importancia que Xela Arias tivo para a nosa lingua e a nosa cultura. Para elo tomamos como punto de partida este vídeo musicado que elaboraron no CEIP Frei Luís de Granada de Sarria ( Lugo ). 


EMPEZAMOS A SEMANA CON RITMO

 Unha  nova semana de clase, unha nova semana na que iremos acadando metas segundo vaiamos remantando actividades. Para empezala cargadas e cargados de enerxía, nada mellor que entrar ás aulas con música. E, se se trata de música, nada mellor que a nosa, a que nos identifica e nos diferencia.

A cantar e bailar mentres aprendemos!


Hecho con Padlet

OBRADOIRO DE MÚSICA

Neste inicio do mes de maio, mes das Letras Galegas e dos nosos " 21 Días en Galego"  coñeceremos algúns aspectos relacionados coa música tradicional galega e con diferentes instrumentos que nos permitirán achegarnos a ela dun xeito diferente. 

Para o obradoiro de hoxe contamos cunha persoa moi vinculada ao galego e á música, Tere Santamaría! 


Esta non é a primeira vez que Tere acude á nosa chamada. No pasado, cando algún dos seus fillos estaba no noso centro, xa acudiu a compartir moitos momentos con nós. Hoxe, cando xa non está vinculada á comunidade educativa do  Barbón, segue a colaborar  connosco. Grazas Tere!

TRES, DOUS, UN ...E, ADIANTE COS 21 DÍAS EN GALEGO

 Dende o CEIP García Barbón iniciamos o mes de maio cun reto! Unha aposta, emocionante, chea de sentimentos, de coidados  e  de mimos polo que é noso: o noso idioma,  O GALEGO!

Xa sabedes que o noso obxectivo é poñer á lingua galega como protagonista durante 21 días. E, nesta viaxe, queremos contar con toda a comunidade educativa. Necesitamos que as familias sexades partícipes deste proxecto que, non é noso, é de todas e de todos!

 Para animarnos no inicio desta tarefa, contamos coa colaboración de Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia, Vigués Distinguido,Escritor, Pai de Ex-alumnos da nosa escola... e, defensor da nosa lingua alí onde el está e onde é necesario facelo.

GRAZAS!



30 de abr. de 2021

21 DÍAS EN GALEGO

 Este último trimestre, neste curso académico tan diferente, queremos rematalo cunha actividade complementaria moi especial: Amosando o noso cariño pola lingua galega. Todas e todos nos sentimos profundamente orgullosas e orgullosos das nosas praias, dos nosos montes, das nosas vilas e aldeas e, como non: da nosa lingua. Este idioma que nos fai diferentes ao resto. 

Coa finalidade de promover o galego dende o seu emprego en moitas situacións cotiás e, para moitas tarefas diferentes, fixemos unha programación de " 21 días en galego" propondo ao conxunto da comunidade escolar actividades relacionadas coa música, coa lectura, co arte, coa autora homenaxeada no Día das Letras Galegas...

Dende este espazo queremos agradecer a colaboración de toda a comunidade educativa para a súa posta en práctica.


28 de abr. de 2021

ACHEGÁNDONOS A XELA ARIAS CON LEDICIA COSTAS

 Este ano a conmemoración do Días das Letras Galegas está adicado a Xela Arias. Nestes últimos tempos son varias as publicacións que se están a facer para achegarnos á súa obra así como para coñecer aspectos importantes da súa actividade a prol do galego e, por ende,de Galicia.

Deixamos aquí un vídeo no que Ledicia Costas, autora moi próxima a unha boa parte da rapazada, nos conta a súa experiencia persoal coa poesía de Xela e nos recita un breve poema dela.



Se queres acceder ao resto de vídeos promovidos pola RAG vai ao enlace

23 de abr. de 2021

DÍA DO LIBRO

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos lembrar a importancia da lectura e, da lectura en galego. Neste 23 de abril, unha viaxe nova pode comezar: a un país de maxia, ao pasado, a unha fermosa illa...a onde te deixes levar por un libro. !



15 de mar. de 2021

PORQUE OUTRA HISTORIA É POSIBLE

 Hoxe damos conta dunha iniciativa do Museo Liste. Con ela, queremos animarvos a cambiar as historias e as fábulas tradicionais. Se a sociedade cambia, por que non cambiar as historias? Dende este blog queremos animarvos a todas e a todos a "darlle a volta" a esa historia e contala cun "aire" máis actualizado e integrando na mesma situacións, feitos, instrumentos...máis acordes ao momento.

Preme na imaxe para acceder ás bases do concurso



8 de mar. de 2021

NENOS E NENAS POLA IGUALDADE!

 Non poderemos chegar á IGUALDADE se non remamos xuntas todas as persoas. Partindo desa idea de unión, colaboración e traballo conxunto chegamos a este mural que hoxe  alumnado de 5º B quere compartir convosco. Porque neste camiño somos IMPRESCINDIBLES todas as persoas!


Preme na imaxe para ir á publicación

AS PEGADAS DA IGUALDADE

 As nenas e nenos de segundo de Educación Primaria vimos de realizar un vídeoclip cargado de traballo, aprendizaxes e reflexión.

Esperamos que vos guste, tanto como a nós facelo.

Apertas de todos e todas nós!

Preme na imaxe para acceder ao  vídeoclip


21 de feb. de 2021

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

 Esta semana imos larear sobre Rosalía e, para axudar a tirar do fío, deixamos un enlace ao blog de Burbullas de PT que unha vez máis comparte xenerosamente o seu traballo. Grazas!



BUSCANDO A ROSALÍA

 Sempre é un momento axeitado para coñecer a Rosalía de Castro e para profundizar na súa obra. No CEIP García Barbón esta semana adicaremos parte da nosa xornada lectiva a facelo. E, farémolo do xeito máis lúdico posible; unha das tarefas será resolver este enigma compartido na rede de xeito totalmente desinteresado. Grazas por compartilo! Sacarémoslle partido


12 de feb. de 2021

Febreiro mes do Entroido

Hoxe empezamos unha breve paréntese de descanso, outros anos empezábamos unha de festa e diversión... A situación de pandemia obríganos a cambiar moitos dos nosos hábitos, entre eles o da conmemoración desta festa tan tradicional, o Entroido. De todos xeitos, non é doado pararnos e, para demostralo , aquí vos deixamos o enlace ao traballo dunha alumna de 6º A, Ana, para que nos vaimos preparando para o Entroido do 2022! Grazas Ana!



29 de xan. de 2021

IV CERTAME DE MICRORRELATOS CONVOCADO POR PUNTOGAL E A REAL ACADEMIA GALEGA

 
Dende o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega queremos animar á comunidade educativa a participar no  concurso de microrrelatos organizado conxuntamente pola Real Academia Ga lega e pola Asociación Puntogal. Esta convocatoria como obxectivo, segundo as entidades convocantes, "reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital". 

Para máis información premede na imaxe