26 de dec. de 2012

Os laretos de 1º B

E agora a 1º B. Aquí deixamos aos seus laretos desexándovos un bo nadal e un feliz 2013.

17 de dec. de 2012

Achégase o Nadal

Achégase o Nadal algúns nenos e nenas do 2º e 3º ciclo de Primaria desexan...
 


30 de nov. de 2012

O culturgal

O venres arrinca en Pontevedra o Culturgal con 200 propostas para todos os públicos

A CASA DA
CULTURA GALEGA
É A TÚA CASA

TI TES
A CHAVE

 
Así nos presentan desde a súa web a celebración do Culturgal, que terá lugar no 
PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA
30 DE NOVEMBRO, 1 E 2 DE DECEMBRO
DE 11H A 14H30 E DE 16H30 A 21H30
Máis información en  http://www.culturgal.com


27 de nov. de 2012

Baixo o castiñeiro

Hai tradicións que son universais a todos os pobos, e en inglés tamén lle cantan ao castiñeiro.


19 de nov. de 2012

De castañas e castiñeiros

Con motivo do magosto, os nenos e nenas de 1º aprenderon algúns ditos populares.
Que vos parece?
(A música para este traballo escolar, collémoslla prestada a Milladoiro )

18 de nov. de 2012

o samaín polos corredores ...

O samaín pasou polo noso cole, andivo polos corredores, polo patio, pola biblioteca, polo ...


A banda sonora é unha versión dos nenos e nenas de 1º da canción Samaín (de Andrea Picos Rodiles e Jesús Pareja).

14 de nov. de 2012

e máis cabazas...

E aquí vai o resto das cabazas:
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free picture slideshow created with Smilebox
Grazas a todas e todos, aos que trouxestes cabazas e os que as celebrastes, sen vós non sería posible esta exposición.

9 de nov. de 2012

Exposición de cabazas

Aquí quedan algunhas das cabazas que fixestes para a exposición do cole.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow created with Smilebox
Graciñas a todos e todas, e máis adiante virá o resto.

6 de nov. de 2012

Corre, corre cabaciña

No tempo das cabazas, os nenos e nenas de 1º A leron o conto "Corre, corre cabaciña" de Eva Mejuto & André Letria (OQO Editora). De fondo escoitamos a canción de Almudena Janeiro, co mesmo título (Contos en cantos.OQO Editora).

1 de nov. de 2012

"Tempo de samaín"

Deixámos aquí un corto de animación feito e publicado desde o obradoiro "PLÁSTICA AS BARXAS" do IES As Barxas , titulado "Tempo de Samaín".
Noraboa polo traballo.


O samaín e o magosto

Proximamente imos celebrar no cole dúas festas tradicionais: "o samaín" e "o magosto". Para iso, quen o desexe pode participar na exposición de cabazas que terá lugar na entrada do colexio. As cabazas virán decoradas da casa e traeranse o luns día 5 de novembro.
O magosto celebraremolo o martes 13 de novembro, e para iso cada neno ou nena traerá o luns 12 presiña de castañas xa chiscadas para asalas aquí. Graciñas.

18 de out. de 2012

Chega o outono

Chegou o outono e, xa falta pouco para que no cole celebremos dúas das súas festas: o samaín e o magosto.
Aquí deixamos un symbaloo por se queredes información, cantigas, e traballos que fixeron noutros centros escolares de Galicia.

2 de out. de 2012

Eu falarei

Este video que vos deixamos aquí é un traballo que fixeron os compañeiros do IES de Chapela a finais do curso pasado. A que está moi ben?

30 de set. de 2012

Eu non fun

Aquí vos deixamos un conto lido polos nenos e nenas de 1º A. Titúlase EU NON FUN!, o seu autor é Christian Voltz, e está publicado en Kalandraka Editora, S.L.

Ola!

Desde aquí pretendemos amosar algúns dos traballos e/ou actividades que facemos no cole relacionados coa lingua galega.