16 de nov. de 2017

FALAMOS GALEGO

Seguimos compartindo con todos vós algún dos traballos do alumnado de 6ºB, traballos no que como podedes ver tamén colaboran membros das súas familias, algúns deles ben cativos! Ata pronto!

9 de nov. de 2017

FALAMOS EN GALEGO PORQUE É A NOSA LINGUA

Aquí vos deixamos algúns vídeos máis animando a falar en galego. Os motivos son varios e van dende argumentos relacionados coa literatura ata "... porque si". Agardamos que vos entreteñan e que sigades atentos ás nosas publicacións vindeiras. Lembrámosvos unha vez máis o importante que é visionalos pensando no sentimento que amosamos e nas ganas coas que o facemos! Graciñas .


5 de nov. de 2017

FALO EN GALEGO PORQUE...

Na aula de 6º B, despois dunha enquisa que nos amosaba que a lingua galega ten poucos falantes entre o noso alumnado, decidimos promocionalo. Nun momento no que a imaxe impera ao noso arredor acordamos gravar en vídeo algunhas das razóns polas que debemos empregar o galego. Estabamos buscando aquí: falar ante unha cámara, para un público, cunha mensaxe acordada e dicidida polos protagonistas, sen correccións, sen condicionantes pero con sentimento. Publicaremos varios resultados ao longo dos vindeiros días. Agardamos que vos gusten e que sirvan para que empreguemos algo máis a nosa lingua.


1 de nov. de 2017

AS CABAZAS DO CEIP GARCÍA BARBÓN ASUSTAN MOGOLLÓN

Durante o luns 30 e o martes 31 de ooutubro celebrouse na entrada do CEIP García Barbón unha exposición de cabazas terrorífica! Un ano máis solicitamos a colaboración das familias e alumnado para a realización de cabazas na casa e, un ano máis a resposta foi moi moi satisfactoria. 
Este ano invitabamos a que se incluira algún elemento relativo a Vigo xa que o PDI do centro é o de " Vivo en Vigo" e, tivemos o cole cheo de cabazas con alusións ao Celta, ao Dinoseto, ao Sireno... 

Grazas a todos pola vosa participación!