19 de feb. de 2018

PASEO LITERARIO " Polo Vigo de Rosalía de Castro"

En Santiago de Compostela, o 24 de febreiro de 1837, nacía María Rosalía Rita, coñecida hoxe como Rosalía de Castro. Na súa memoria o Concello de Vigo proclamou o 24 de febreiro como Día de Rosalía na nosa cidade (na que viviu e publicou "Cantares Gallegos").
Ademais para este vindeiro sábado está previsto un paseo literario sobre a autora. A continuación deixamos aquí a información sobre o acto cultural e invitámosvos a asistir.