22 de dec. de 2020

CANTANDO EN GALEGO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Campo de San Alberto de Noia comparte connosco esta lista de cancións en galego. Disfrutemos deste derradeiro día do trimestre cantando na nosa lingua.

21 de dec. de 2020

HISTORIAS NO NADAL

 Estas datas están moi vinculadas á ilusión e aos agasallos e, dende este recuncho queremos contribuír cunhas reflexións que nos leven ao coidado do entorno, ao do entorno natural coa explicación relativa ao acivro e ao coidado do noso entorno cultural: a nosa lingua e o noso patrimonio. De aí a figura do Apalpador ou a selección dalgúns dos nosos refráns. Eses ditos tan propios da nosa cultura.

Bo Nadal a toda a comunidade educativa e, vémonos en xaneiro cargados de ilusión para afrontar un novo ano!

Podedes ler toda a información indo ao enlace



O APALPADOR ESTÁ A PIQUES DE CHEGAR

 O período lectivo deste primeiro trimestre escolar tan atípico está a piques de rematar e, O Apalpador xa está preparando a súa viaxe a todos os lugares de Galicia para desexarnos, máis que nunca, un feixe de ilusión e agarimos a montón.

Co ritmo de "A Gramola Gominola" poñemos un punto e aparte a este trimestre e a este ano 2020. 

Se queres descargar a letra ou o debuxo do protagonista vai ao enlace

11 de nov. de 2020

O RAP DO MAGOSTO

O día 11 de novembro, é o protagonista dun número importante de refráns na nosa lingua. Así temos " Polo San Martiño, os trompos ao camiño", " Xa chegou San Martiño e o inverno vén de camiño", " O verán de San Martiño ou é grande ou pequeniño"... Pero se hai unha conmemoración galega relacionada de sempre coa data de hoxe, esa é a do Magosto. Este ano a situación de pandemia non nos permite celebrar esta festa como en anos pasados, pero nada nos impide, a ritmo de rap facer un magosto en familia! Se non tedes ningún plan para a fin de semana, aquí vos queda a nosa proposta de festa.

26 de out. de 2020

O Samaín: un motivo máis para aprender!

 Nesta semana terrorífica imos aprender un montón de cousas divertidas, non so vai a triunfar o medo!



Grazas a @burbullasdept polo seu traballo e pola súa xenerosidade!

23 de out. de 2020

Preparándonos para unha semana de medo!

 Este curso estamos traballando arreo pero, tamén divertíndonos e disfrutando de moitas tarefas e actividades divertidas. A Covid impediranos facer algunhas actividades pero, reinventarémonos, e nada nos impedirá disfrutar da escola e do que nela facemos!

 Estes días estamos a cantar e a preparar a chegada do Samaín. Apúntaste?



23 de set. de 2020

XA CHEGOU O OUTONO

 Segundo o Instituto Xeográfico Nacional o outono comezou onte, 22 de setembro ás 15 horas e 31 minutos. Este ano a estación das cores ocres, do mel, das castañas...durará 89 días e 20 horas.

Dende o Equipo de Dinamización de Galego, queremos poñer á vosa disposición algunhas ideas para traballar este momento do ano. Agardamos que sexan de proveito para vós.

E, lembrade: Se en setembro comeza a chover, outono seguro é.


Para acceder ao documento coas propostas pulsa
 aquí

11 de set. de 2020

BENVIDAS E BENVIDOS

 Que ben! Xa voltamos ao cole todo o alumnado! Que ganas había de volver a verse! Aínda que algúns xa nos tiñamos cruzado pola rúa, xa tiñamos xogado e mesmo compartido moitos días e horas pero, nunca é coma no cole, aquí os momentos son especiais e diferentes. Hoxe xa bulían os cativos e as cativas por todos os corredores e xa estaban todos os pupitres ocupados e, ata os patios estiveron máis cheos que nunca! 

Xa sei que estades pensando que era unha volta á escola moi rara e, é certo, tedes toda a razón pero, que ben estivo volver logo de ter estado tanto tempo estudando na casa sen compañeiros e sen compañiras e recibindo o traballo a través dunha pantalla! Esto que onte e hoxe vivimos, xa é un motivo de alegría para toda a comunidade escolar. Agora temos que pór cada un de nós o noso gran de area (ou de xabón) para que poidamos seguir asistindo a clase todos os días lectivos. Por eso, e, porque estamos seguros e seguras de que así o faremos toda a comunidade escolar, dende este blog quero darvos a benvida co cartel que puxemos na entrada para que teñamos sempre presentes as normas imprescindibles que nos permitirán continuar disfrutando con alegría desta "normalidade temporal". Bo fin de semana e, ata o luns!



7 de set. de 2020

PREPARANDO O REGRESO DO ALUMNADO

 No CEIP García Barbón hai un bule bule dende hai xa días... A comunidade educativa está traballando para que o regreso ás aulas de todas as nenas e de todos os nenos sexa efectivo nas mellores condicións de seguridade posible, por eso veredes algúns cambios e moitas sinalizacións e recomendacións: todas son MOI IMPORTANTES e, a todas elas debedes prestarlle moita atención, eso axudaranos a convertir o noso cole nun espazo  máis seguro.

Aquí vos deixamos un recordatorio das normas hixiénicas máis importantes para que vaiades practicando


Estamos desexando poder dicirvos:


25 de xuño de 2020

NON CONTAXIAN PERO ENGANCHAN

A piques de rematar o mes de xuño e, cando o alumnado do CEIP García Barbón, estades nos vosos primeiros días de merecidas vacacións, queremos desexarvos que DISFRUTEDES DO VERÁN! Aproveitade para descansar das "pantallas" que tan presentes estiveron durante estes últimos meses e cargar pilas para o novo curso académico. Para axudarvos, deixamos aquí o cartaz da Feira do Libro de Vigo que comezou hoxe. Lembrade, non contaxian pero enganchan! 


VÉMONOS EN SETEMBRO!

8 de xuño de 2020

A POESÍA NO SEU LUGAR

Ao alumnado do CEIP García Barbón gústanos especialmente traballar coa poesía e, neste confinamento adicámoslle unha boa parte a esta tarefa. Hoxe deixamos aquí unha mostra que agardamos vos agrade. O traballo ten a súa orixe nun poema de Antonio García Teijeiro publicado no seu libro de poemas "Paseniño, paseniño". GRAZAS, a Antonio, polos seus poemas, a Daniel, polo traballo e, a todas e a todos vós, por ler o noso blog!


Para ver o poema completo vai ao ENLACE

SEGUIMOS COA POESÍA

Hoxe deixamos neste recuncho un breve poema en galego recitado por unha alumna de 5º A. Graciñas polo teu traballo!

7 de xuño de 2020

A ESCOLA DO CONFINAMENTO

Dende o pasado luns 16 de marzo, todo o entorno escolar cambiou e, o traballo tivo que programarse, realizarse e correxirse de forma diferente ao que ata entón coñecéramos. Na aula de 4º A creouse un blog para visibilizar algúns dos traballos que as alumnas e alumnos estaban a facer nas súas casas. Hoxe deixamos aquí unha mostra de verdadeiras e verdadeiros xornalistas 😉
 Para acceder aos traballos vai ao ENLACE

4 de xuño de 2020

REVISTA O PAPAGAIO

Xa estamos en xuño e, co novo mes, chegou tamén a nova revista para a xente miúda, O PAPAGAIO. Grazas por este agasallo!


Para acceder á revista completa vai ao ENLACE

27 de maio de 2020

QUE CONTO VOS CONTO?

O noso alumnado sigue traballando dende ás súas casas e, Ricardo Carvalho Calero, sigue sendo un tema de traballo e investigación para eles. Neste caso podedes ver o traballo de Sarela Cabrera de 6º Ade Educación Infantil logo da lectura do conto "As pitas baixo a chuvia". 


GRAZAS SARELA!

26 de maio de 2020

DENDE CASA...EN GALEGO!

Cando xa estamos nos últimos días do mes de maio, seguimos colocando traballos relativos ao fomento da nosa lingua nesta "cortiza virtual". Hoxe engadimos este traballo que nos ensina un alumno de 6º A de Educación Infantil. Grazas Alexi polo teu traballo e, polo teu sorriso!


16 de maio de 2020

HOMENAXE ÁS LETRAS GALEGAS DENDE O FOGAR

No mes de maio de anos pasados, a cortiza da entrada do CEIP García Barbón estaba adornada de multitude de traballos feitos polas diferentes aulas sobre as nosas letras; este ano a cortiza está valeira por mor do COVID-19 pero, non por eso deixamos de festexar a nosa lingua.
Aquí vos deixamos os traballos recibidos neste recuncho...

Mural de Adai de 4º A e Lena de 2º A

 Xián de 4º A
 Teo de 4ºA
 Helena de 4º A

Dende a etapa de Educación Infantil chégannos estes dous traballos de Celia de 6º A. Nun dos seus traballos escribe as súas palabras favoritas na lingua galega ao tempo que colorea a provincia na que naceu Ricardo Carvalho Calero; a segunda é un debuxo realizado logo da lectura do conto "As pitas baixo a chuvia"

GRAZAS POR AXUDARNOS A DECORAR ESTA CORTIZA VIRTUAL!


PRESENTACIÓN TEATRALIZADA DO PROTAGONISTA DAS LETRAS GALEGAS

Nesta ocasión deixamos un vídeo explicativo da figura de Ricardo Carvalho Calero realizado por un alumno de 4º A. Se alguén pensa que investigar sobre un autor é aburrido ten que falar co noso alumno, el pode explicarvos como convertir a aprendizaxe nalgo divertido. 
Por certo, sabedes quen é? 

CONMEMORANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DENDE CASA

Este 17 de maio de 2020 será recordado pola conmemoración do Día das Letras Galegas dende o confinamento. Este feito supón un valor engadido de compromiso coa defensa e a recuperación da nosa lingua a través da investigación e traballo sobre o autor homenaxeado este ano: Ricardo Carvalho Calero.
A continuación queda unha mostra deses traballos para que toda a comunidade educativa poida disfrutala.





15 de maio de 2020

QUEN FOI RICARDO CARVALHO CALERO?

Neste mes de maio de confinamento, Lena de 2º A  explícanos, quen foi o autor homenaxeado este 17 de maio. Atentas e atentos ás súas explicacións.


Parabéns Lena, está xenial!

8 de maio de 2020

OUTRO MISTERIO POR RESOLVER

Hoxe deixamos unha proposta que agardo vos pareza divertida. Plantéxovos resolver unha serie de misterios para chegar á solución dunha pregunta. Trátase de ir resolvendo enigmas respecto a un autor e investigador da nosa lingua. Para resolvelos só necesitades darlle ao megáfono e escoitar con moita atención todas as instruccións. Estou segura de que chegaredes ata o final sen ningún problema e, en caso de dúbida, podes escoitar de novo o enigma.

Para empezar a xogar pulsa neste ENLACE

GRAZAS á profe Alba Carril do CPI de Vedra por compartir desinteresadamente esta actividade.

6 de maio de 2020

REVISTA PAPAGAIO - MAIO

Un mes máis a revista Papagaio ofrécenos de xeito gratuíto o seu exemplar do mes de maio. Aquí queda á vosa disposición para que, a través da lectura e do cómic, poidades pasar algo máis entretidas e entretidos este confinamento.
Ánimo que xa queda menos!

Para acceder á revista vai a este ENLACE



5 de maio de 2020

UN MISTERIO POR RESOLVER...

Todos os anos, durante o mes de maio, facemos sempre fincapé no estudo sobre un autor ou autora en lingua galega ao cal se lle rinde unha homenaxe o día 17 de maio, Día das Letras Galegas. Este ano todas e todos vós sabedes que o autor elexido foi Ricardo Carvalho Calero. 
Para que poidades aprender moitas cousas sobre o autor ao mesmo tempo que pasades un rato entretido aquí vos deixo este xogo que amablemente nos ceden as dúas profes que aparecen ao final do mesmo. Grazas ás autoras polo seu traballo e por compartilo desinteresadamente. 

30 de abr. de 2020

OS MAIOS

Este fin de semana celébrase a festa dos Maios en moitas localidades de Galicia. A conmemoración será moi diferente a de anos pasados. Non sairemos á rúa cos maios e non cantaremos en grupo, a necesidade de gardar a distancia social para frenar a pandemia obríganos a modificar algúns hábitos. De todos xeitos nada nos impedirá seguir disfrutando e conmemorando as nosas tradicións. Aquí vos deixo un enlace a Aulas Galegas para que poidades aprender máis sobre esta festa tradicional galega, para que poidades cantalos con Habelas Hainas e mesmo facer maios na casa, en familia.

A disfrutar da FESTA DOS MAIOS neste enlace!

19 de abr. de 2020

REVISTA O PAPAGAIO

Hoxe déixovos a revista en galego, O PAPAGAIO, que a Editorial nos fixo chegar ao cole de xeito gratuito. Agardamos que coa súa lectura poidades pasar máis entretidas e entretidos o tempo na casa.
Moitas grazas a O PAPAGAIO polo seu agasallo. Sacarémoslle moito partido, seguro!

17 de abr. de 2020

María e o seu trabalinguas

Lembrades o reto do trabalinguas? Hoxe empezamos o día con María e co seu reto SUPERADO!



BRAVO!

16 de abr. de 2020

Bruno recita a Ledicia Costas

Para acabar o día de hoxe, que vos parece un poema de Ledicia Costas recitado por Bruno? Seguramente que a faceta que máis coñecíades da autora era a narrativa, non si? Aquí queda unha mostra da súa poesía.


Cantando a Rosalía

Quen se esconde detrás desta pantalla negra? A quen recita? Inxeniosa idea a recibida hoxe neste blog. Agardo que a disfrutedes tanto coma mín. Graciñas



Naia lendo a García Teijeiro

Que gusto de alumnado!!! Propóñolles un reto e fixádevos como responden. Sigo recibindo vídeos e audios que irei subindo día a día. Hoxe temos a Naia de 6º A léndonos un breve poema de García Teijeiro. Grazas Naia e, a vós, grazas por seguirnos. Agardamos que vos guste!

O carro

Nesta ventana ao exterior e, ao interior das vivendas e vivencias do noso alumnado, seguimos a mostrarvos como disfrutan coa poesía. Hoxe déixovos o vídeo de Breixo que nos explica cal é motivo da súa elección. Argumentos que convencen, non si? Grazas Breixo!


15 de abr. de 2020

Recitando poemas dende casa....

No noso recuncho de lingua galega seguimos recibindo poemas en galego recitados polo noso alumnado. Hoxe deixámosvos dous exemplos:
unha alumna de 6º A que nos recita de memoria un dos seus poemas favoritos e un alumno de 5º A que nos envía unha gravación de voz coa súa elección. 
GRAZAS AOS DOUS!



Matías 5º A

14 de abr. de 2020

Jorge elixe a Rosalía de Castro

En Lareando no Barbón seguimos recibindo respostas ao reto da lectura dun poema en lingua galega. Hoxe podedes ver a Jorge de 6º A que elixe un coñecido poema de Rosalía de Castro para saúdarnos dende a súa casa.
Graciñas por participar co teu vídeo, Jorge . Unha aperta moi forte!




10 de abr. de 2020

Paseniño, paseniño

O alumnado de 6º sigue lendo e disfrutando coa poesía de Antonio García Teijeiro. Hoxe deixámosvos dúas novas poesías recitadas por dúas persoas do grupo de 6º B. Coñecédelos?

6 de abr. de 2020

Sabela e o seu reto poético

Estamos de vacacións e non son días de traballo pero, ninguén pode considerar traballo recitar un poema!! Aquí vos deixo hoxe o reto poético de Sabela. 
Lembrade que estamos a conmemorar o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil que se celebrou o pasado 2 de abril, ao noso xeito, lendo poemas en galego!
Se alguén se anima, aínda está a tempo de enviar o seu vídeo. Tedes como data tope ata o 13 de abril incluído. Ánimo!


4 de abr. de 2020

Javier e o seu poema

Nestes días de confinamento o noso alumnado segue a facernos chegar as súas lecturas en galego. Feito que nos satisface un montón! Dende aquí queremos mostrarlles o noso recoñecemento pola súa actitude e pola súa resposta ás nosas propostas de traballo. O noso traballo ten sentido porque vós estades ahí. GRAZAS!
 

3 de abr. de 2020

Quen son?

Hoxe despedímonos cun vídeo dunha breve poesía de Antonio García Teijeiro recitada por...Adiviñas quen é? Anímaste ti a devolverlle o reto con outra poesía?
Máis que nunca, todos xuntos lendo en galego!



Unai recita a Álvaro Cunqueiro

Seguimos escoitando poemas...neste caso podemos escoitar a Unai que elixe un poema de Álvaro Cuqueiro. Non tedes envexa? Non sentides ganas de buscar un poema en galego e mandárnolo? Aquí vos esperamos, pouco a pouco iremos subindo máis participacións ao blog. Agardamos que vos axude a todos a pasar estes días na casa.
#euquedonacasarecitandopoemasengalego

Begoña recita ao mestre e poeta Antonio García Teijeiro

Lembrades o reto de onte? Aquel no que tras un vídeo de García Teijeiro recitando un dos seus poemas eu vos invitaba a emular? Begoña, alumna de 6º A aceptou o reto. Aquí queda a súa voz como testemuña delo.

Reto superado profe!

Onte, dende este blog aberto ao galego, puxemos un reto para todas as persoas que nos siguen e, o titor de 5º A aceptou o noso reto. Aquí o tedes recitándonos un poema de Rosalía de Castro.
Grazas profe! #quedámonosencasarecitandoengalego


2 de abr. de 2020

Celebrando o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil con García Teijeiro

Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Dende a páxina web de Aulas Galegas invítannos a celebralo coa lectura dun poema por parte do poeta vigués Antonio García Teijeiro. 
Aquí queda o seu vídeo. 
Grazas Antonio!

Agora podedes agasallarnos calquera de vós recitando un poema en galego e enviándonos  a gravación a lareando@gmail.com ( No caso de que sexas moi tímida ou moi tímido podes mandar só un audio). Ánimo lectoras e lectores!

1 de abr. de 2020

Javier ante o seu reto lingüístico

O alumnado de 6º continúa superando retos dende os seus domicilios. Hoxe deixamos aquí o reto superado por Javier. Non von animades ninguén máis?

24 de mar. de 2020

Reto superado por Naia Castro

Ola a todas e a todos.
Por diversos motivos persoais e profesionais, este curso tiñamos abandonado este anaquiño de dinamización da nosa lingua. O momento actual parécenos unha boa "excusa" para retomar este traballo. Nos momentos difíciles que estamos a vivir, ter un espazo para a expresión dos sentimentos e dos desexos, en lingua galega, pode axudarnos a superar a situación.

A primeira entrada que queremos facer é un vídeo sobre un reto que rapidamente aceptou Naia (6º A) e que tomamos "prestado" da web Aulas Galegas.

Quen se anima a seguir co reto?