22 de feb. de 2022

Que sabedes de Rosalía de Castro?

Rosalía de Castro foi unha escritora galega que naceu o 23 de febreiro de 1837.

Canto sabedes desta importante autora? Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega animámosvos a comprobalo!
                               

 

15 de feb. de 2022

Xa chega o Entroido!

No CEIP García Barbón estamos desexando que chegue o venres 25 para festexar o Entroido e os pequenos de 5º de infantil estiveron preparando unhas máscaras de peliqueiros que lles quedaron así de fermosas!




Día da muller e a nena na Ciencia: Avanzando cara a igualdade

O venres 11 de febreiro conmemorouse o Día da muller e a nena na Ciencia. Con tal motivo asistimos a unha charla organizada por Faro de Vigo: "Ciencia en feminino"

Lara García e Cristina Álvarez faláronnos das súas experiencias como científicas xa que ambalas dúas traballan en diferentes profesións relacionadas co mar. Luísa Martínez, doutora en Ciencias do mar que desenvolve a súa actividade no CSIC, foi a moderadora.

Resultou interesante saber que Lara García (técnica de apoio á Investigación no grupo de tecnoloxía e Biodiversidade Mariña do Instituto de Investigacións Mariñas) gañara un concurso co traballo sobre a reprodución do cabaliño do mar.

Sobre Cristina Álvarez (técnica da Unidade de Tecnoloxía Mariña), resultou curioso saber que, pese a que se lle detectara unha enfermidade nos ollos non abandonou o seu soño de dedicarse á investigación. Resiliencia, unha palabra que traballamos a míudo na aula.


A nosa admiración por estas dúas científicas que compartiron as súas achegas cos escolares.

O calendario científico escolar elaborado polo CSIC permitiunos coñecer o traballo de moitas científicas ao longo do tempo. Esperamos que Lara e Cristina formen parte do calendario en anos vindeiros.

Grazas pola vosa achega e por compartir con nós as experiencias vividas e, grazas por contestar a nosa pregunta enviada desde o chat. Alegrámonos de que non tiverades caído nunca ao mar nas vosas expedicións!

Os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe García Barbón desexamos que teñades afouteza para seguir coa vosa labor de investigación e agradecemos as vosas achegas.

Parece mentira que, en pleno século XXI teñamos que adicarlle un día a visibilizar as mulleres na ciencia e ter que romper cos roles de xénero. Esperamos que na ciencia, coma en outras materias avancemos cara a igualdade.

7 de feb. de 2022

Non hai camiño para a paz, a PAZ é o camiño!

Neste traballo de investigación os alumnos e alumnas de 5º de primaria empregaron distintos recursos para resolver o reto de descubrir o Camiño da Ría Muros-Noia. Este é resultado da cooperación e o traballo en grupo do noso alumnado.

Esperamos que esta aportación sexa de utilidade e disfrute para todos aqueles/as que queiran descubrir esta ruta que ten a peculiaridade de poderse realizar a pé ou ben por mar e terra.

Invitámosvos a entrar no genially "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño" !


Ademais, saímos no Faro! (preme para ver o artigo)