14 de dec. de 2017

FRAN ALONSO PRESÉNTANOS A UN GATO POETA


O pasado martes doce de decembro estivo no CEIP García Barbón, Fran Alonso. Con el pasamos unha hora moi agradable escoitando cales son "as catro patas" da poesía. Igual de importantes e necesarias que as catro patas de " O meu gato é un poeta", libro de poemas que uns sesenta alumnos e alumnas de 5º e 6º estamos traballando no Clube de Lectura deste trimestre. Para os que non tivestes a sorte de escoitalo podemos desvelarvos parte do  segredo para escribir unha poesía: palabras, música, maxia e... Adiviñas a última pata? 
Se non eres capaz de facelo podes pasarte polo Clube de Lectura e ler " O meu gato é un poeta" descubrirás que o meu gato é un poeta e escribe porque lle peta...así como a última pata para escribir unha divertida poesía
Moitas gracias a Fran Alonso pola súa exposición.
Esta visita enmárcase dentro do proxecto escolar Faro da Escola, promovido polo xornal Faro de Vigo, que entre outros organismos conta co patrocinio de Edicións Xerais. Gracias tamén a ambos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario