17 de nov. de 2015
PREMIO LAZARILLO
O pasado día 13 de novembro fallouse en Madrid o
Premio Lazarillo 2015 na súa modalidade de creación literaria, convocado pola Organización
Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
da que resultou gañadora LEDICIA COSTAS
coa obra titulada Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante.
Este prestixioso galardón, o
máis antigo da literatura infantil e xuvenil, foi convocado polo extinguido Instituto Nacional del Libro Español no
ano 1958 co fin de estimular a creación de bos libros para nenos e rapaces.
Desde o ano 1986 é a OEPLI a encargada de convocalo anualmente, nas modalidades de “Álbum Ilustrado” e “Creación literaria”.
O xurado destacou que a obra gañadora é “Unha
novela ben escrita, cunha narración fluída, unha estrutura moi ben conseguida,
unha boa linguaxe literaria, e onde a realidade constrúe unha ficción que lle
dá un aire de misterio que contribúe a facer moi emocionante a súa lectura”.
Escritora galega licenciada en
dereito. Publicou, entre outras obras: Unha
estrela no vento (Xerais, 2008), Recinto
Gris (Xerais, 2014), incluída na Lista de Obras recomendadas para persoas
con discapacidades do Centro IBBY (International Board on Books for Young
People); O corazón de Xúpiter (Xerais, 2015), coa que obtivo o Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de
Editores ao mellor libro Infantil e Xuvenil, e o Premio da Asociación de
Escritores e Escritoras en lingua galega á mellor obra de literatura infantil e
xuvenil), e Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais, 2014) coa que gañou o
Premio Merlín de Literatura Infantil, o
Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura infantil e
xuvenil, o Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores ao mellor
libro infantil e xuvenil, incluído na Lista de Honra do IBBY 2016, e o Premio
Nacional de Literatura Infantil y Xuvenil. Como poeta, publicou a obra Xardín de inverno (Everest, 2012).
Recentemente acaba de publicar
en Tambre-Edelvives a obra Inmundicia e
Roñoso, e no eido da narrativa para adultos Un animal chamado néboa (Edicións Xerais), libro de relatos
ambientados na II Guerra Mundial.
JULES
VERNE E A VIDA SECRETA DAS FEMMES PLANTE
Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante é unha obra ambientada no Vigo
do S.XIX. Nela recréase unha das visitas de Jules Verne á cidade cuxa ría o
inspirou para escribir un dos episodios de 20.000
leguas baixo dos mares. Porén, en contra do que acredita a documentación da
época, esta visita de Verne a Vigo no ano 1884 non é fortuíta. O escritor chega
á cidade porque está seguindo o rastro das misteriosas mulleres planta.
16 de nov. de 2015
A CASTAÑA
A
CASTAÑA
A castaña supón un dos alimentos esenciais da gastronomía
outonal galega, un froito consumido desde hai séculos polos nosos antergos,
deles obtivemos maneiras maxistrais de comer a castaña, ben sexa asada, cocida,
en caldo,postres ou leite, por non dicir confitada, un auténtico manxar de
deuses.
A pesar do pensar común a castaña ten un baixo
contido calórico,rica en vitaminas e minerais,é ideal para os amantes de
alimentos sans e naturais,polo seu baixo contido en graxa e en sodio, alto contido
en potasio e ausencia de glute.
En 2009 a Castaña de Galicia foi recoñecida por unha
Indicación Xeográfica protexida (IXP). O ámbito xeográfico da súa producción
comprende o territorio galego delimitado ao oeste pola Dorsal Galega e pola
serra do Xistral cara ao norte.
Nas imaxes que vemos a continuación observamos as
diferentes variantes de castaña que atopamos en Galicia.(Imaxes cedidas por IXP
Castaña de Galicia)
Tradicionalmente, o
sistema de aproveitamento do
castiñeiro en Galicia foron os soutos
, plantacións formadas por árbores de
igual ou similar idade e ás que se aplican
as mesmas prácticas
culturais.Habitualmente son árboles
inxertadas sobre patróns
bravos nados de semente nese
mesmo lugar ou nalgunha zona veciña,
que levan ao souto
nos primeiros estadíos
de desenvolvemento e que despois
se inxertan con púas de variedades de aptitude para froito.
En Galicia
a maior parte dos soutos son de aptitude
mixta froita-madeira. Este tipo de
aproveitamento coexiste en Galicia con
plantacións de carácter regular , na que se aplican técnicas froiteiras
modernas.
En Galicia o castiñeiro experimentou unha forte expansión
nos séculos XVI e XVII, dando orixe
á aparición de numerosas variedades autóctonas, que
polo xeral tiñan en común unha
maior adaptación aos ambientes de montaña e a súa vocación
mixta para froito
e madeira, que
era algo bastante
frecuente nas variedades daquela
época. A partir do século XVII as castañas se comercializan a través dunha rede de mercados e feiras.
O declive do castiñeiro de froito coincidiu coa masificación
do cultivo da pataca e do millo, que en Galicia ocorreu durante o século XIX. A
partir dese momento, a castaña perde
paulatinamente o seu protagonismo
na dieta, ata que aparecen
novas ameazas para o seu cultivo : a chegada de enfermidades como a
tinta e o chancro. Estas enfermidades dezmaron
os soutos e relegaron ao
castiñeiro a posicións marxinais
en g ran parte
de Galicia. A pesar diso, hoxe en día aínda mantén unha presenza
importante nas comarcas do interior,
áreas onde as condicións
naturais preséntanse moito menos
favorables para o
desenvolvemento destas patoloxías.
A pesar de
todo, os avances
en canto a tratamentos e
medidas de prevención fronte
estas enfermidades, xunto con un
renovado interese polo
aproveitamento deste cultivo, propiciaron
una certa recuperación
dos soutos galegos durante os últimos anos.
Recomendamos aos amantes da castaña visitar as zonas
do oriente ourensán como A Mezquita, A Gudiña, Viana do Bolo, Riós,…entre
outras zonas para degustar un manxar exquisito como é a castaña,ao que se lle
adican importantes festas no mes de novembro é un dos principais motores da
economía destas zonas.
SAMAÍN NO CEIP GARCÍA BARBÓN
Un curso máis o Samaín arrasou no noso colexio, e todo tipo de monstros e fauna, tanto terrestre como extraterrestre, deronse cita na exposición de cabazas....unha mostra no video que tedes debaixo

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)