14/05/2015

XOGOS POPULARES

Co gallo das Letras Galegas o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza, xunto coas profesoras do Departamento de Educación Física do IES A Guía, unha xornada de xogos populares.

As actividades serán impartidas polos alumnos/-as do Primeiro Curso do Ciclo Superior de “Animación en Actividades Físico Deportivas” e estarán coordinadas polas súas titoras.
Xogo e deporte son termos completamente diferentes aínda que complementarios xa que “cada deporte é un xogo”, aínda que non todos os xogos se converten en deportes.
O Xogo popular é aquel xogo que nace no seo dunha determinada comunidade para dar satisfacción ás súas necesidades lúdicas. Necesidades, claramente marcadas, polo xeito particular de vida.

Co intento de dar a coñecer  no ámbito urbano estes xogos e co ánimo de que estes xogos practicados en Galicia non se esquezan o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP García Barbón pon en marcha esta actividade.

Queremos agradecer de antemán a colaboración co IES A Guía e especialmente a Olga Cabaleiro (nai dun alumno do noso centro) para poder levar a cabo esta actividade.
“Xogas?”



1 comentario:

  1. Parabéns pola iniciativa!!!! Agardo que a podades repetir en vindeiros cursos... A ver se Marina ten sorte e pode participar nunha nova xornada de xogos populares (é bo que non se esquezan) Grazas!!!

    ResponderEliminar