Segundo a tradición os celtas tiñan por costume acender unha candea o día do solsticio de inverno. O lume tiña que arder durante medio día seguido para traer boa sorte á casa.
Desa costume xurdiu unha das tradicións máis arraigadas en Galicia, o chamado lume novo. Acendíase na lareira un tronco, podendo ser de Carballo, Este lume, denominado noutros lugares o “tizón”, o “cepo” ou “cachopo” ven representar a calor do fogar en contraposición co frío do exterior.
Vivente Risco defíneo así
“É un cañoto grande dun árbore, que nas montanas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitios da de Pontevedra, e noutras terras, botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan queimar deica a mitá, e o que queda gárdano para cando hai treboada; entón, bótano de novo a arder na lareira, para arreder o pedrazo e os raios. Nalgús lados, semella que aproveitan a borralla para botaren nos eidos, o cual sí que é un verdadeiro rito fertilizante de maxia agraria. Mais tamén tén relación coa presencia das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume. O tizón de Nadal é rito coñecido e usado en toda Europa, e faise tamén en moitas partes de Hespaña. En Cataluña vén ser o que chaman 'tió', no que baten os nenos da casa para que lles bote dulces, que os pais lle meten dentro. A súa orixe recúa con seguranza deica os tempos mais vellos”
Vicente Risco: "Etnografía: cultura espritual", en Historia de Galiza, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Editorial Nós, Buenos Aires 1962 (Reed. Akal, Madrid 1979); vol. I, 255-777.
16 de dec. de 2014
O APALPADOR NO GARCÍA BARBÓN
O Equipo de Dinamización Lingüística do García Barbón deséxavos un Bo Nadal e un Feliz Aninovo.
28 de nov. de 2014
CULTURGAL 2014
O vindeiro venres 6 de Decembro comeza o Culturgal no Pazo da Cultura de Pontevedra.
No
Culturgal conflúen distintos gremios da cultura: libro, creación,
audiovisual, artes escénicos, música, deseño, internet e novas
tecnoloxías.
Este evento chega este ano a súa setima edición consolidado como unha gran cita das industrias creativas en Galicia.
Aquí podedes ver o programa pinchade aquí.14 de nov. de 2014
ÁRBORES SENLLEIRAS DE GALICIA
Unha árbore senlleira é unha árbore que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) é considerada reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal tendo ademáis valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental.

Coa Lei 9/2001, de conservación da natureza, no seu artigo 52, créase o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, incluíndo os exemplares cuxa conservación sexa necesario asegurar polos seus valores naturais, culturais, científicos, educativos, estéticos ou paisaxísticos. O anexo do decreto inclúe inicialmente 106 árbores e 21 formacións merecentes de protección.
En Manzaneda áchase o Castiñeiro de Pumbariños situado no soto de Rozavales, primeira árbore catalogada como Monumento Natural en Galicia. É a árbore de maior perímetro de Galiza (12,15). O castiñeiro foi declarado Monumento Natural pola Xunta de Galicia no ano 1995.

O carballo ten 800 anos.
11 de nov. de 2014
O CASTIÑEIRO DE INDIAS
O Castiñeiro de Indias ou Castiñeiro de Bruxas é unha árbore coinsiderada mediciñal. Identifícase comúnmente co nome de falso castiñeiro por mor de que os seus froitos presentan unha grande semellanza cos do castiñeiro. Moi empregada en xardiñería podemos atopala en parques de Galicia. Na Alameda, en Vigo, hai algúns exemplares.
As castañas bravas ou de indias utilízanse como amuleto protector do mal de ollo.
A QUE ARRECENDE O MAGOSTO

Ten propiedades diuréticas e curativas.

Recibe tamén o nome de calaminta e a variante néboda.
Na menciña emprégase como tónico estomacal, antiespasmódico, sudorífico e expectorante.
Medra en bosques pouco mestos e ao pé de valados e muros.
8 de nov. de 2014
NOS TAMÉN TEMOS COGOMELOS
Cogomelos do colexio. |
4 de nov. de 2014
28 de out. de 2014
CONTOS PARA ASUSTAR O MEDO EN VARIAS LINGUAS
Emily Gravett. Ed. Macmillan. |
Distiquifobia, fagofobia... Todo o mundo ten medo a algo. O libro ten o formato dun caderno que escribe o pequeno rato. Neste libro atopamos a frase: "Ti tamen podes superar os teus medos". Macmillan na versión orixinal e Patasdepeixe en galego.
![]() |
Emily Gravett. Patasdepeixe editora. |
CONTOS PARA ASUSTAR O MEDO

Carabuñas. OQO Editora. Margarita del Mazo&Charlotte Pardin.
Seis Barbudos. OQO Editora. Mar Pavon&Vitalikonstantinov
Seis barbudos entraron nunha panadaría e o panadeiro caeu co susto. Os clientes estaban atemorizados. Aínda que...non é bo deixarse levar pola primeira impresión.
Hop Frog. OQO Editora.
Para maiores de nove anos.
Contos completos de Edgar Allan Poe. Editorial Galaxia.
Premio Lois Tobío ao libro traducido do 2009 concedido pola Asociación Galega de Editores.
Premio Lois Tobío ao libro traducido do 2009 concedido pola Asociación Galega de Editores.
OUTRA VISIÓN DO SAMAÍN
Anne Ross, na súa obra Druídas fálanos do significado das cabezas para os pobos celtas. A cabeza, como morada do espíritu era o verdadeiro “centro” do ser dunha persoa. Pendurando a cabeza dos seus inimigos pensaban que gañaban a protección e os poderes máxicos que pusuían. Na idade de ferro poñíase unha vea dentro das cabezas (répricas de pedra, madeira, metal e oso) nesta estación.
Pero o Samaín era tamén unha festa de descanso dos guerreiros celtas. A carne de porco, consagrada ao deus Lug, e o hidromel dan acceso á eternidade.
21 de out. de 2014
TEMPO DE MARMELO E GRANADA

Fonte de vitamina C en estado natural, durante o cocemento pérdese.
Rica en potasio, ferro, magnesio e calcio é unha das denominadas “superfroitas” .
Consúmese gran a gran apartando a codia e as lamelas amargas que separan as celas onde se encontran.
15 de out. de 2014
A LÚA MENTIREIRA
![]() |
Hughes, pintor prerrafaelita. |
As fases da lúa neste mes de outubro son:
- Cuarto minguante. Mércores, 15 de outubro de 2014, 21:13
- Lúa nova.Xoves, 23 de outubro de 2014, 23:56
- Cuarto crecente. Venres 31 de outubro de 2014, 03:48
7 de out. de 2014
A FEIRA DO LIBRO DE FRANKFURT

Ilustración galega, con Xosé Tomás
A ilustración galega será protagonista este ano nesta cita co libro. Ao abeiro da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (Agpi), o ilustrador Xosé Tomás impartirá dous obradoiros, os días 9 e 10 de outubro, para lle achegar ao público unha mostra da ilustración en Galicia.
A diferenza doutras feiras a Feira de Frankfurt está orientada a profesionais e só se abrirá ao público a fin de semana.
O director do evento Jürgen Boos protagonizará unha das citas máis esperadas da feira cunha charla sobre a lectura co autor Paulo Coelho. Estará presentes tamén Ken Follet, Alessandro Barico o premio nobel de literatura rumano-alemana Herta Müller.
O país convidado é Finlandia.
QUE SE MOVE NO OCÉANO

As catástrofes ecolóxicas dos últimos anos, os fogos de San Telmo, os solpores e a transparencia do mar son algúns dos temas tratados.
A exposición pódese visitar ata o 30 de novembro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)