O Día da Narración Oral é unha celebración mundial da arte da narración. Celébrase cada 20 de marzo coincidindo co Equinocio da primavera.
Comezou a celebrarse en
Suecia en 1991 cando unha rede de narradores suecos decidiu festexar
o Equinocio de Primavera contando contos por todo o país. Pouco a
pouco esta iniciativa foise extendendo a outros países. Actualmente
narradores de todo o mundo celebran este día con diferentes
iniciativas.
Mats Rehnman, un dos artífices do FEST (Federation for European Storytelling) creou un posible logo para este evento.
A palabra e a narración forman parte do Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Con esta iniciativa o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP García Barbón queremos contribuir a perservar a nosa oralidade.
“De boca a boca CÓNTAME porque te toca”
E os primeiros en participar nesta tradición de narración oral son os rapaces e rapazas de 5º de primaria:
Copia de Trobadores e Xograres de Aitana Molares López Copia de REFRÁNS E DITOS de Martín Justo Vicente Contos mínimos de Noemí Cruz Giráldez