22 de feb. de 2017
21 de feb. de 2017
TORIBIO VOLVE AO COLE
O xoves 16 de febreiro presentouse ao público a reedición da colección infantil de Toribio. Esta colección composta por cinco libros foi escrita por Carlos Casares, autor homenaxeado este ano con motivo das Letras Galegas.
A presentación da obra, editada de novo, fíxose na biblioteca do CEIP García Barbón. Ao acto acudimos os alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria e, que ben o pasamos co contacontos sobre o protagonista!
20 de feb. de 2017
17 de feb. de 2017
PRESENTACIÓN DA REEDICIÓN DE TORIBIO NO NOSO COLE
A Editorial Galaxia ven de presentar a reedición da colección de contos e aventuras de Toribio escrita por Carlos Casares, autor homenaxeado este ano con motivo do Día das Letras Galegas. O alumnado de 2º disfrutou un montón do acto que se celebrou na biblioteca do CEIP García Barbón.
Grazas Galaxia pola reedición dos contos e polo momento de diversión co contacontos!

14 de feb. de 2017
ESCOLARES DE VINTE CENTROS DE VIGO ENTREVISTAN EN DIRECTO A IAGO ASPAS
O luns 13 de febreiro ten lugar no Auditorio Mar de Vigo un encontro de mil douscentos escolares co xogador do RC Celta de Vigo, Iago Aspas.
O acto enmárcase dento do proxecto escolar promovido polo xornal e no que participa, entre outros o CEIP García Barbón.
A continuación queda un enlace á publicación no xornal Faro de Vigo para que poidades ver o resultado da entrevista.
11 de feb. de 2017
ENCONTRO POÉTICO CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
Antonio García Teijeiro visita o CEIP García Barbón e mantén un encontro poético co alumnado de 4º e 6º do centro. Todos xuntos, baixo a batuta-lápis do entrañable escritor e poeta, recitamos versos do seu libro " Poemar o mar" , fíxonos xogar cos versos mentres captaba toda a nosa atención, escoitamos aos seus personaxes... Unha fantástica sesión de animación á lectura e de achegamento á poesía. Grazas Antonio!
8 de feb. de 2017
REFRANEIRO DO MES DE FEBREIRO
Con algo de retraso, pero xa tedes aquí un breve repaso da sabiduría popular recollida en refráns que fan mención a este mes de febreiro.
Agardamos que sexan do voso interese!
4 de feb. de 2017
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO NO CEIP GARCÍA BARBÓN
O martes 7 de febreiro a partires das 09.30 h. está previsto que acuda ao CEIP García Barbón o escritor vigués, Antonio García Teijeiro. Esta visita enmárcase dentro do proxecto O Faro da Escola, promovido polo xornal O Faro de Vigo e no que colabora, entre outras entidades, a Editorial Xerais.
Agardamos que o alumnado de 4º e 6º disfrute coa experiencia!
![]() |
Para máis información aquí |
Etiquetas:
Faro da Escola
Ubicación:
Vigo, Pontevedra, España
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)