21 de nov. de 2025

Magosto

 Todo o alumnado participou dun día festivo celebrando o magosto no colexio. Este ano o centro de interese do colexio é a Arte, por iso as actividades que se realizaron estaban vencelladas a ela.

Despois de divertirnos polos diferentes obradoiros que se realilzaron, merendamos castañas todos xuntos no patio das columnas.

Podedes ver unha mostra no seguinte vídeo.

 

Video magosto 

 



16 de maio de 2025

Letras Galegas Cantadas

Petiscos de mar e as cantigas dos maios para celebrar as Letras Galegas. Exitazo de romaría!!!!!! Grazas a tod@s
Letras Galegas&Maios

11 de maio de 2025

Romaría para conmemorar as Letras Galegas e os Maios

Cantaremos coplas para conmemorar a aparición das flores e os froitos que nos da a terra e, como non AS LETRAS GALEGAS

Con sabor a mar

A rapazada disfrutou dus deliciosos petiscos con sabor a mar. Delicada presentación e trato exquisito. Dámoslle unha estrela.

31 de mar. de 2025

Carlos Bernárdez no día das Artes galegas

O historiador Carlos Bernárdez ingresará en abril na Real Academia de Belas Artes. Os nosos parabéns e o noso agradecemento pola súa colaboración sempre desinteresada. GRAZAS!
t

18 de mar. de 2025

Laboratorio de formas

Isaac Díaz Pardo

Día das Artes Galegas

O próximo 1 de abril será unha xornada de celebración para a arte galega. O artista e intelectual compostelán Isaac Díaz Pardo foi elixido pola Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) como «unha figura fundamental e referente ineludible para comprender as artes do noso país"
Día das artes galegas