Neste inicio do mes de maio, mes das Letras Galegas e dos nosos " 21 Días en Galego" coñeceremos algúns aspectos relacionados coa música tradicional galega e con diferentes instrumentos que nos permitirán achegarnos a ela dun xeito diferente.
Para o obradoiro de hoxe contamos cunha persoa moi vinculada ao galego e á música, Tere Santamaría!
Esta non é a primeira vez que Tere acude á nosa chamada. No pasado, cando algún dos seus fillos estaba no noso centro, xa acudiu a compartir moitos momentos con nós. Hoxe, cando xa non está vinculada á comunidade educativa do Barbón, segue a colaborar connosco. Grazas Tere!
Ningún comentario:
Publicar un comentario