22 de maio de 2026

Semana das Letras Galegas 2026

 Este ano celebramos toda unha semana adicada ás nosas letras. Conxuntamente coa anpa do colexio colaboramos estreitamente para que esta semana fora unha festa da palabra.

Realizáronse actividades ó longo da semana pero destacan dous días especialmente. O xoves, grazas a anpa pola mañán poidemos disfrutar de charlas de autores: Bieto Ledo, David rodríguez e Antón Pulido. Todo o alumnado do colexio participou nas actividades, dende infantil ata 6º de primaria. Hai que facer mención especial ao agasallo que fixo Antón Púlido (pintor) ao colexio, unha lámina personalizada e adicada ao colexio. Estamos orgullosos de poder ter un Púlido! no noso colexio.

Pola tarde seguimos coas lecturas na biblioteca organizada pola anpa, onde os pais leron contos aos máis pequenos.

O venres todo o colexio participou na festa das letras no patio do colexio. O alumnado de 3º ciclo presentou a obra de José Suarez e o alumnado de 2º ciclo presentou a obra de Begoña Caamaño. Interpretouse o alalás das mariñas a melodía preferida de Begoña na zanfona por parte dun mestre e todo alumnado cantou a carolina e rematouse coa interpretación do himno galego.



11 de maio de 2026

Decoramos o colexio para as letras.

 Esta semana comenza os actos da conmemoración da Semana das Letras Galegas. Para elo decoramos o colexio para dar benvida a toda a comunide.



9 de maio de 2026

Comenzan os actos da Semana das Letras Galegas


 Grazas á Equipa de Dinamimización do Conservatorio de Vigo que nos cederon esta exposición sobre os Homenaxeados e Homenaxeadas das Letras Galegas.


23 de abr. de 2026

Inaguramos cortiza

 A equipa de Dinamización do García Barbón temos o pracer de informarvos que xa temos unha cortiza para dar visibilidade a todo canto facemos e as novidades que poidan xurdir.

Comenzamos facendo referencia a Otero Pedrayo que este ano 2026 a Xunta adícalle a súa figura. No taboleiro está unha pequena biografía, e nas posteriores semanas adicarémoslle actividades que se desenvolverán nas aulas e a cortiza será onde o alumnado poida comprobar as respostas.


 


17 de abr. de 2026

Aniversario de Otero Pedrayo

 O ano 2026 celebramos o aniversario de don Ramón Otero Pedrayo. Aquí neste enlace tendes unha unidade didáctica para coñecer máis sobre el.

Otero Pedrayo