31 de xan. de 2013
Día da Paz
Desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística achegan novos materiais e recursos relacionados co "DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA", que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.xunta.es/linguagalega/dia_da_paz_0
24 de xan. de 2013
Día Escolar da Paz e non violencia
A continuación deixamos un symbaloo con enlaces a actividades, recursos,... relacionadas co Día Escolar da Paz e non violencia, que se celebra no noso cole desde hai moitos anos.
Este outro é un symbaloo con cancións relacionadas coa Paz.
16 de xan. de 2013
O mundo é grande
Dentro de pouco celebraremos, como todos os anos, o día da paz. Nese día celebramos, entre outras cousas, a riqueza que supón a diversidade. Por iso, e para irnos ambientando deixamos aquí esta canción de mamá cabra cun video elaborado por Belén Junquera.
9 de xan. de 2013
Visitounos Marcos Calveiro
Os rapaces de rapazas de 6º están a ler "O carteiro de Bagdad" de Marcos S. Calveiro, e por iso nos puxemos en contacto co autor, que de moi boa gana accedeu a facernos unha visita.
Ademais de falarnos do seu libro, de onde atopa a inspiración para escribir, de Irak (onde está ambientado o seu libro), da situación das mulleres neses países, tamén aproveitou para recordar os seus anos como alumno do noso cole. Si, xa hai algúns anos, pero Marcos Calveiro tamén estudou no CEIP García Barbón.
Ademais de falarnos do seu libro, de onde atopa a inspiración para escribir, de Irak (onde está ambientado o seu libro), da situación das mulleres neses países, tamén aproveitou para recordar os seus anos como alumno do noso cole. Si, xa hai algúns anos, pero Marcos Calveiro tamén estudou no CEIP García Barbón.
Graciñas Marcos.
7 de xan. de 2013
Celso Emilio o 12/12/12
Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) quixeron renderlle homenaxe pública cun acto colectivo de recitado público do poema Deitado fronte ao mar de Celso Emilio Ferreiro, publicado inicialmente no libro Longa noite de pedra (1962).
No seguinte enlace podedes consultar toda a información relacionada co acto http://coordinadoraendl.org/recitandocelsoemilio/celso.php
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)