Boas.
Xa estamos de volta un ano máis. Comenzamos coas froitas de Outono. No noso taboleiro pódese ver unha gran variedade de froitas. O noso alumnado durante o mes de novembro realizarán actividades relacionadas co outono.
Blog de Dinamización da Lingua Galega do Colexio García Barbón.
Boas.
Xa estamos de volta un ano máis. Comenzamos coas froitas de Outono. No noso taboleiro pódese ver unha gran variedade de froitas. O noso alumnado durante o mes de novembro realizarán actividades relacionadas co outono.
Este ano celebramos toda unha semana adicada ás nosas letras. Conxuntamente coa anpa do colexio colaboramos estreitamente para que esta semana fora unha festa da palabra.
Realizáronse actividades ó longo da semana pero destacan dous días especialmente. O xoves, grazas a anpa pola mañán poidemos disfrutar de charlas de autores: Bieto Ledo, David rodríguez e Antón Pulido. Todo o alumnado do colexio participou nas actividades, dende infantil ata 6º de primaria. Hai que facer mención especial ao agasallo que fixo Antón Púlido (pintor) ao colexio, unha lámina personalizada e adicada ao colexio. Estamos orgullosos de poder ter un Púlido! no noso colexio.
Pola tarde seguimos coas lecturas na biblioteca organizada pola anpa, onde os pais leron contos aos máis pequenos.
O venres todo o colexio participou na festa das letras no patio do colexio. O alumnado de 3º ciclo presentou a obra de José Suarez e o alumnado de 2º ciclo presentou a obra de Begoña Caamaño. Interpretouse o alalás das mariñas a melodía preferida de Begoña na zanfona por parte dun mestre e todo alumnado cantou a carolina e rematouse coa interpretación do himno galego.
Esta semana comenza os actos da conmemoración da Semana das Letras Galegas. Para elo decoramos o colexio para dar benvida a toda a comunide.
A equipa de Dinamización do García Barbón temos o pracer de informarvos que xa temos unha cortiza para dar visibilidade a todo canto facemos e as novidades que poidan xurdir.
O ano 2026 celebramos o aniversario de don Ramón Otero Pedrayo. Aquí neste enlace tendes unha unidade didáctica para coñecer máis sobre el.
Con motivo do 75 Aniversario do pasamento do ilustre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, dende o equipo de Dinamización realizamos unha exposición no patio das columnas, onde están reflexadas as láminas e estampas máis representativas.
A mostra estará vixente ata xaneiro do 2026 coincidido co mes do seu nacemento e pasamento.
Todo o alumnado participou dun día festivo celebrando o magosto no colexio. Este ano o centro de interese do colexio é a Arte, por iso as actividades que se realizaron estaban vencelladas a ela.
Despois de divertirnos polos diferentes obradoiros que se realilzaron, merendamos castañas todos xuntos no patio das columnas.
Podedes ver unha mostra no seguinte vídeo.