Cando xa percorremos algo máis da metade dos nosos " 21 días en galego" queremos presentarvos a Antón Patiño quen se prestou a colaborar connosco, de xeito altruista, tan pronto como llo propuxemos.
Este artista e escritor galego nacido en Monforte de Lemos ( Lugo ) ábrenos, hoxe, as portas do seu estudio. Coas súas explicacións podemos facer un percorrido interesante por algunhas das súas obras de pintura. Se aceptamos o seu reto, no que aúna dúas das súas facetas (escritor e pintor), podemos desfrutar desa ensamblaxe perfecta da que falabamos no título da entrada.
Empezamos a aventura?
Grazas, Antón, pola túa visita e pola túa proposta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario