En 1880 Rosalía de Castro
preguntábase ao comezo do seu libro Follas Novas
Daquelas que cantan as
pombas i as flores,
Todos din que teñen alma de
muller.
Pois eu que n´as canto,
Virxe da Paloma,
¡ai! ¿de que as terei?
ACCESO
DE MULLERES A NIVEIS SUPERIORES DE INSTRUCCIÓN.
Un dos primeiros intentos legais de proporcionar ás nenas algún tipo
de educación superior foi a creación , con Fernando VII, en 1819, dos “Reais
Estudios de Dibujo e Adorno”. O seu obxectivo era principalmente económico
tentando favorecer a industria lixeira en España. Os requisitos para a admisión
eran :coñecemento da doutrina cristiá, saber ler e ter coñecementos dos
“principos de escribir” aínda que estes dous últimos requisitos non eran
indispensables.
Outra das profesións desempeñada por mulleres era a de comadroa ou
parteira. Esta actividade, regulada en 1750, normalizaríase en 1804,
establecendo que as matronas foran examinadas polos Reais Colexios de cirurxía
nun acto teórico-práctico. As candidatas tiñan que ser viúvas ou casadas (con
consentimento do home).
O maxisterio era outra das saídas profesionais. Algúns centro privados
ocupábanse da súa formación así como a Escola Lancasteriana. O título obtíñano
previo exame de reválida nas Escolas Normais de Mestres. Habería que esperar a
1858 para que aparecese a primeira cultura feminina co título oficial coa
Escola Normal Central de Mestras.
A Lei Moyano de 1857 permite que se establezan as Escolas Normais de
Mestras para mellorar a instrucción das nenas. Aínda así en 1880 non se
estudaban nestas escolas nin Xeometría, nin Ciencias Naturais nin Física.
Nun Decreto de 17 de marzo de 1882 confía, case exclusivamente o
ensino de párvulos, ás mulleres.
Respecto a profesión de enfermería non se consideraría como tal ata
1880 onde o Instituto Rubio, hospital docente de caridade, crearía unha escola
para a súa formación.
Matricularse libremente no ensino universitario oficial, sin previa
consulta á autoridade, non sería posible ata 1910.Entre os anos 1880-1890
quince mulleres conclúen os seus estudos universitarios.
Emilia Pardo Bazán convertiríase na primeira catedrática universitaria
en 1916 e, co voto en contra do claustro.
Nunca é tarde
Eu tiña unha granxa en
África…
Karen Blixen (Rungsted,
Dinamarca, 1885-1962), tamén coñecida polo seudónimo de Isak Dinesen, foi unha
escritora serodia que publicou o seu
primeiro libro –Seven Gothic Tales (1934)- case aos cincuenta anos.
Posteriormente escribiría, entre outros e tamén en inglés, Out of África
(1937), un relato dos anos pasados en Kenya dirixindo unha plantación de café,
Winter´s Tales (1942) e Anecdotes of Destiny (1958). Publicado póstumamente no
ano 1963, Ehrengard foi o seu derradeiro
libro.
O texto de Karen Blixen, Ehrengard , é
un xeito de abandonar o real, a súa carga e consecuencias para abrir o
territorio dos soños. Segundo a propia autora, todas as penas pódense soportar
se facemos que entren a formar parte dunha historia ou se contamos unha
historia sobre elas.
Elas tamén lían, len e
seguirán lendo.
Con esta galería de imaxes queremos salientar o valor do libro. Como
lectoras ou como escritoras velaí vai esta galería de imaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario