DÍA INTERNACIONAL DO
LIBRO INFANTIL
Era unha vez unha… Princesa. Non?
Como saberedes, o 2 de abril, para
conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase o Día
Internacional do Libro Infantil.
Cada ano, a OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) traballa para celebrar este día no maior número de lugares de toda España.
A mensaxe do cartel é da escritora Luciana Santori e ilustrador é Ziraldo .

Salón do
Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra!
Este ano o tema do salón é CANTA BICHERÍA! Os animais son os protagonistas desta edicións: domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos... Formigas, osos, cans, paxaros, animais de todas as partes do mundo, de lugares coñecidos e de lugares por coñecer...
Visita este mundo fantástico da man de Extravaganzza Pérez, a personaxe creada por Ledicia Costas e que cobra vida neste Salón.
Lembra que podes visitar o Salón do 1 ao 23 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra.

A biblioteca Luis Rei de
Cambados gaña o premio estatal Biblioteca Pública y Compromiso Social 2015
A Biblioteca Municipal de Cambados Luis Rei gañou o premio convocado pola Fundación Biblioteca Social.
O proxecto Canto conta Cambados!, presentado pola biblioteca, foi valorado como o mellor proxecto por, segundo o xurado, "normalizar ao usuario con discapacidade" o que "facilita a cohesión social e cidadá ao eliminar as fronteiras de destinatarios, actúa coa proximidade e a reivindicación lingüística, de forma que cultura e libro deveñen en instrumentos de pertenza, participación cidadá e transformación". Este proxecto foi o único remitido desde Galicia á segunda edición deste certame.
Ningún comentario:
Publicar un comentario