3 de maio de 2021

OBRADOIRO DE MÚSICA

Neste inicio do mes de maio, mes das Letras Galegas e dos nosos " 21 Días en Galego"  coñeceremos algúns aspectos relacionados coa música tradicional galega e con diferentes instrumentos que nos permitirán achegarnos a ela dun xeito diferente. 

Para o obradoiro de hoxe contamos cunha persoa moi vinculada ao galego e á música, Tere Santamaría! 


Esta non é a primeira vez que Tere acude á nosa chamada. No pasado, cando algún dos seus fillos estaba no noso centro, xa acudiu a compartir moitos momentos con nós. Hoxe, cando xa non está vinculada á comunidade educativa do  Barbón, segue a colaborar  connosco. Grazas Tere!

TRES, DOUS, UN ...E, ADIANTE COS 21 DÍAS EN GALEGO

 Dende o CEIP García Barbón iniciamos o mes de maio cun reto! Unha aposta, emocionante, chea de sentimentos, de coidados  e  de mimos polo que é noso: o noso idioma,  O GALEGO!

Xa sabedes que o noso obxectivo é poñer á lingua galega como protagonista durante 21 días. E, nesta viaxe, queremos contar con toda a comunidade educativa. Necesitamos que as familias sexades partícipes deste proxecto que, non é noso, é de todas e de todos!

 Para animarnos no inicio desta tarefa, contamos coa colaboración de Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia, Vigués Distinguido,Escritor, Pai de Ex-alumnos da nosa escola... e, defensor da nosa lingua alí onde el está e onde é necesario facelo.

GRAZAS!



30 de abr. de 2021

21 DÍAS EN GALEGO

 Este último trimestre, neste curso académico tan diferente, queremos rematalo cunha actividade complementaria moi especial: Amosando o noso cariño pola lingua galega. Todas e todos nos sentimos profundamente orgullosas e orgullosos das nosas praias, dos nosos montes, das nosas vilas e aldeas e, como non: da nosa lingua. Este idioma que nos fai diferentes ao resto. 

Coa finalidade de promover o galego dende o seu emprego en moitas situacións cotiás e, para moitas tarefas diferentes, fixemos unha programación de " 21 días en galego" propondo ao conxunto da comunidade escolar actividades relacionadas coa música, coa lectura, co arte, coa autora homenaxeada no Día das Letras Galegas...

Dende este espazo queremos agradecer a colaboración de toda a comunidade educativa para a súa posta en práctica.


28 de abr. de 2021

ACHEGÁNDONOS A XELA ARIAS CON LEDICIA COSTAS

 Este ano a conmemoración do Días das Letras Galegas está adicado a Xela Arias. Nestes últimos tempos son varias as publicacións que se están a facer para achegarnos á súa obra así como para coñecer aspectos importantes da súa actividade a prol do galego e, por ende,de Galicia.

Deixamos aquí un vídeo no que Ledicia Costas, autora moi próxima a unha boa parte da rapazada, nos conta a súa experiencia persoal coa poesía de Xela e nos recita un breve poema dela.



Se queres acceder ao resto de vídeos promovidos pola RAG vai ao enlace

23 de abr. de 2021

DÍA DO LIBRO

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos lembrar a importancia da lectura e, da lectura en galego. Neste 23 de abril, unha viaxe nova pode comezar: a un país de maxia, ao pasado, a unha fermosa illa...a onde te deixes levar por un libro. !



15 de mar. de 2021

PORQUE OUTRA HISTORIA É POSIBLE

 Hoxe damos conta dunha iniciativa do Museo Liste. Con ela, queremos animarvos a cambiar as historias e as fábulas tradicionais. Se a sociedade cambia, por que non cambiar as historias? Dende este blog queremos animarvos a todas e a todos a "darlle a volta" a esa historia e contala cun "aire" máis actualizado e integrando na mesma situacións, feitos, instrumentos...máis acordes ao momento.

Preme na imaxe para acceder ás bases do concurso



8 de mar. de 2021

NENOS E NENAS POLA IGUALDADE!

 Non poderemos chegar á IGUALDADE se non remamos xuntas todas as persoas. Partindo desa idea de unión, colaboración e traballo conxunto chegamos a este mural que hoxe  alumnado de 5º B quere compartir convosco. Porque neste camiño somos IMPRESCINDIBLES todas as persoas!


Preme na imaxe para ir á publicación

AS PEGADAS DA IGUALDADE

 As nenas e nenos de segundo de Educación Primaria vimos de realizar un vídeoclip cargado de traballo, aprendizaxes e reflexión.

Esperamos que vos guste, tanto como a nós facelo.

Apertas de todos e todas nós!

Preme na imaxe para acceder ao  vídeoclip


21 de feb. de 2021

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

 Esta semana imos larear sobre Rosalía e, para axudar a tirar do fío, deixamos un enlace ao blog de Burbullas de PT que unha vez máis comparte xenerosamente o seu traballo. Grazas!



BUSCANDO A ROSALÍA

 Sempre é un momento axeitado para coñecer a Rosalía de Castro e para profundizar na súa obra. No CEIP García Barbón esta semana adicaremos parte da nosa xornada lectiva a facelo. E, farémolo do xeito máis lúdico posible; unha das tarefas será resolver este enigma compartido na rede de xeito totalmente desinteresado. Grazas por compartilo! Sacarémoslle partido


12 de feb. de 2021

Febreiro mes do Entroido

Hoxe empezamos unha breve paréntese de descanso, outros anos empezábamos unha de festa e diversión... A situación de pandemia obríganos a cambiar moitos dos nosos hábitos, entre eles o da conmemoración desta festa tan tradicional, o Entroido. De todos xeitos, non é doado pararnos e, para demostralo , aquí vos deixamos o enlace ao traballo dunha alumna de 6º A, Ana, para que nos vaimos preparando para o Entroido do 2022! Grazas Ana!



29 de xan. de 2021

IV CERTAME DE MICRORRELATOS CONVOCADO POR PUNTOGAL E A REAL ACADEMIA GALEGA

 
Dende o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega queremos animar á comunidade educativa a participar no  concurso de microrrelatos organizado conxuntamente pola Real Academia Ga lega e pola Asociación Puntogal. Esta convocatoria como obxectivo, segundo as entidades convocantes, "reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital". 

Para máis información premede na imaxe

22 de dec. de 2020

CANTANDO EN GALEGO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Campo de San Alberto de Noia comparte connosco esta lista de cancións en galego. Disfrutemos deste derradeiro día do trimestre cantando na nosa lingua.

21 de dec. de 2020

HISTORIAS NO NADAL

 Estas datas están moi vinculadas á ilusión e aos agasallos e, dende este recuncho queremos contribuír cunhas reflexións que nos leven ao coidado do entorno, ao do entorno natural coa explicación relativa ao acivro e ao coidado do noso entorno cultural: a nosa lingua e o noso patrimonio. De aí a figura do Apalpador ou a selección dalgúns dos nosos refráns. Eses ditos tan propios da nosa cultura.

Bo Nadal a toda a comunidade educativa e, vémonos en xaneiro cargados de ilusión para afrontar un novo ano!

Podedes ler toda a información indo ao enlace



O APALPADOR ESTÁ A PIQUES DE CHEGAR

 O período lectivo deste primeiro trimestre escolar tan atípico está a piques de rematar e, O Apalpador xa está preparando a súa viaxe a todos os lugares de Galicia para desexarnos, máis que nunca, un feixe de ilusión e agarimos a montón.

Co ritmo de "A Gramola Gominola" poñemos un punto e aparte a este trimestre e a este ano 2020. 

Se queres descargar a letra ou o debuxo do protagonista vai ao enlace