Ten só tres letras
O MAR
mais se lle damos un bico,
medra,
sorrí
e aparece
o verbo aMAR
Poemar o mar
Antonio García Teijeiro
Este ano, entre tod@s queremos botarlle unha man ao mar.
Iniciamos este novo curso coa ilusión que nos salpica a tod@s. Os membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega zarparemos cara a novos horizontes e en cada viaxe poremos a nosa máxima ilusión. Xa sexa no mar azul que envolve e enluce a nosa cidade como sulcando outros mares tal coma fixeron Marco Polo ou Ulises. Sabemos que a forza e o poder de Neptuno nos vai acompañar.
Ao iniciar o curso hoxe izamos as velas cheos de esperanza para adquirir novas aprendizaxes. Devecemos por compartir este barco convosco.
Como di Antonio García Teijeiro neste poema, imos facerlle unhas cóxegas ao mar e converter esa palabra, MAR, nunha acción, aMAR.
Ningún comentario:
Publicar un comentario