Co gallo das
Letras Galegas o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza, xunto coas
profesoras do Departamento de Educación Física do IES A Guía, unha xornada de
xogos populares.
As actividades
serán impartidas polos alumnos/-as do Primeiro Curso do Ciclo Superior de
“Animación en Actividades Físico Deportivas” e estarán coordinadas polas súas
titoras.
Xogo e deporte
son termos completamente diferentes aínda que complementarios xa que “cada
deporte é un xogo”, aínda que non todos os xogos se converten en deportes.
O Xogo popular é
aquel xogo que nace no seo dunha determinada comunidade para dar satisfacción
ás súas necesidades lúdicas. Necesidades, claramente marcadas, polo xeito
particular de vida.
Co intento de
dar a coñecer no ámbito urbano estes xogos
e co ánimo de que estes xogos practicados en Galicia non se esquezan o Equipo
de Dinamización da Lingua Galega do CEIP García Barbón pon en marcha esta actividade.
Queremos
agradecer de antemán a colaboración co IES A Guía e especialmente a Olga Cabaleiro
(nai dun alumno do noso centro) para poder levar a cabo esta actividade.
“Xogas?”
Parabéns pola iniciativa!!!! Agardo que a podades repetir en vindeiros cursos... A ver se Marina ten sorte e pode participar nunha nova xornada de xogos populares (é bo que non se esquezan) Grazas!!!
ResponderEliminar