O alumnado de 4º de Educación Primaria empezou a semana das Letras Galegas
coñecendo diferentes instrumentos musicais da man de Tere Santamaría,
compoñente do grupo SonDeSeu (trátase dunha das primeiras orquestras europeas
de música folk contemporánea, que naceu en Vigo no ano 2001).
Da man de Tere comprobamos como se pode facer música co noso propio corpo.
Unha boa parte do alumnado tocou unha xota dando palmadas nas pernas, no peito
e unha palmada final seguindo o ritmo marcado pola nosa invitada. O máis
sorprendente da actividade é que se repetíamos interiormente “ Ana come pan” ao tempo que facíamos as
palmadas era moi sinxelo seguila!
Tamén nos amosou como tocar unha muiñeira con instrumentos pobres coma o morteiro de madeira, ou coas tarrañolas
de madeira ( explicounos que antes se empregaban as costelas de porco en lugar
das tarrañolas).
Durante a sesión cantounos unha xota, acompañada pola pandeireta, recollida
da tradición oral en Vilar de Cabeiras na zona de Arbo . O alumnado de 4º
facíamos os coros cantando o retrouso da peza musical.
Nesta sesión tivemos un achegamento á cultura musical galega da man de
Tere, coñecemos como a nosa cultura
musical é moi semellante á cultura musical irlandesa e comprobamos qué fácil é
vivir a música cando nola explica unha persoa que a vive e a disfruta
plenamente.
Grazas pola túa colaboración desinteresada e polo teu entusiasmo nas
explicacións!
A cultura musical galega on PhotoPeach
Foi un pracer para min que me covidásedes a participar na semana das letras. Cuns alumnos tan fantásticos todo resulta moi facil. Parabéns a todos por preocupavos de que os nenos saiban da importancia dese patrimonio inmaterial que é a nosa música e de a necesidade de coidala para que non quede no esquecemento.
ResponderEliminarAta cando queirades. Saúdos e apertas grandes.
Seguiremos contando contigo.
EliminarSaúdos.