A
CASTAÑA
A castaña supón un dos alimentos esenciais da gastronomía
outonal galega, un froito consumido desde hai séculos polos nosos antergos,
deles obtivemos maneiras maxistrais de comer a castaña, ben sexa asada, cocida,
en caldo,postres ou leite, por non dicir confitada, un auténtico manxar de
deuses.
A pesar do pensar común a castaña ten un baixo
contido calórico,rica en vitaminas e minerais,é ideal para os amantes de
alimentos sans e naturais,polo seu baixo contido en graxa e en sodio, alto contido
en potasio e ausencia de glute.
En 2009 a Castaña de Galicia foi recoñecida por unha
Indicación Xeográfica protexida (IXP). O ámbito xeográfico da súa producción
comprende o territorio galego delimitado ao oeste pola Dorsal Galega e pola
serra do Xistral cara ao norte.
Nas imaxes que vemos a continuación observamos as
diferentes variantes de castaña que atopamos en Galicia.(Imaxes cedidas por IXP
Castaña de Galicia)
Tradicionalmente, o
sistema de aproveitamento do
castiñeiro en Galicia foron os soutos
, plantacións formadas por árbores de
igual ou similar idade e ás que se aplican
as mesmas prácticas
culturais.Habitualmente son árboles
inxertadas sobre patróns
bravos nados de semente nese
mesmo lugar ou nalgunha zona veciña,
que levan ao souto
nos primeiros estadíos
de desenvolvemento e que despois
se inxertan con púas de variedades de aptitude para froito.
En Galicia
a maior parte dos soutos son de aptitude
mixta froita-madeira. Este tipo de
aproveitamento coexiste en Galicia con
plantacións de carácter regular , na que se aplican técnicas froiteiras
modernas.
En Galicia o castiñeiro experimentou unha forte expansión
nos séculos XVI e XVII, dando orixe
á aparición de numerosas variedades autóctonas, que
polo xeral tiñan en común unha
maior adaptación aos ambientes de montaña e a súa vocación
mixta para froito
e madeira, que
era algo bastante
frecuente nas variedades daquela
época. A partir do século XVII as castañas se comercializan a través dunha rede de mercados e feiras.
O declive do castiñeiro de froito coincidiu coa masificación
do cultivo da pataca e do millo, que en Galicia ocorreu durante o século XIX. A
partir dese momento, a castaña perde
paulatinamente o seu protagonismo
na dieta, ata que aparecen
novas ameazas para o seu cultivo : a chegada de enfermidades como a
tinta e o chancro. Estas enfermidades dezmaron
os soutos e relegaron ao
castiñeiro a posicións marxinais
en g ran parte
de Galicia. A pesar diso, hoxe en día aínda mantén unha presenza
importante nas comarcas do interior,
áreas onde as condicións
naturais preséntanse moito menos
favorables para o
desenvolvemento destas patoloxías.
A pesar de
todo, os avances
en canto a tratamentos e
medidas de prevención fronte
estas enfermidades, xunto con un
renovado interese polo
aproveitamento deste cultivo, propiciaron
una certa recuperación
dos soutos galegos durante os últimos anos.
Recomendamos aos amantes da castaña visitar as zonas
do oriente ourensán como A Mezquita, A Gudiña, Viana do Bolo, Riós,…entre
outras zonas para degustar un manxar exquisito como é a castaña,ao que se lle
adican importantes festas no mes de novembro é un dos principais motores da
economía destas zonas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario