30 de mar. de 2016

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA



DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Era unha vez unha… Princesa. Non?
Como saberedes, o 2 de abril, para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil.

Cada ano, a 
OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) traballa para celebrar este día no maior número de lugares de toda España.

A mensaxe do cartel é da escritora Luciana Santori e ilustrador é Ziraldo .



Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra!

Este ano o tema do salón é CANTA BICHERÍA! Os animais son os protagonistas desta edicións: domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos... Formigas, osos, cans, paxaros, animais de todas as partes do mundo, de lugares coñecidos e de lugares por coñecer...

Visita este mundo fantástico da man de Extravaganzza Pérez, a personaxe creada por Ledicia Costas e que cobra vida neste Salón.

Lembra que podes visitar o Salón do 1 ao 23 de abril no
 Pazo da Cultura de Pontevedra.  

A biblioteca Luis Rei de Cambados gaña o premio estatal Biblioteca Pública y Compromiso Social 2015

A  Biblioteca Municipal de Cambados Luis Rei gañou o premio convocado pola Fundación Biblioteca Social.

O proxecto
 Canto conta Cambados!, presentado pola biblioteca, foi valorado como o mellor proxecto por, segundo o xurado, "normalizar ao usuario con discapacidade" o que "facilita a cohesión social e cidadá ao eliminar as fronteiras de destinatarios, actúa coa proximidade e a reivindicación lingüística, de forma que cultura e libro deveñen en instrumentos de pertenza, participación cidadá e transformación". Este proxecto foi o único remitido desde Galicia á segunda edición deste certame.


7 de mar. de 2016

8 de Marzo Día Internacional da Muller Traballadora




En 1880 Rosalía de Castro preguntábase ao comezo do seu libro Follas Novas

Daquelas que cantan as pombas i as flores,
Todos din que teñen alma de muller.
Pois eu que n´as canto, Virxe da Paloma,
¡ai! ¿de que as terei?





 ACCESO DE MULLERES A NIVEIS SUPERIORES DE INSTRUCCIÓN.

Un dos primeiros intentos legais de proporcionar ás nenas algún tipo de educación superior foi a creación , con Fernando VII, en 1819, dos “Reais Estudios de Dibujo e Adorno”. O seu obxectivo era principalmente económico tentando favorecer a industria lixeira en España. Os requisitos para a admisión eran :coñecemento da doutrina cristiá, saber ler e ter coñecementos dos “principos de escribir” aínda que estes dous últimos requisitos non eran indispensables.
Outra das profesións desempeñada por mulleres era a de comadroa ou parteira. Esta actividade, regulada en 1750, normalizaríase en 1804, establecendo que as matronas foran examinadas polos Reais Colexios de cirurxía nun acto teórico-práctico. As candidatas tiñan que ser viúvas ou casadas (con consentimento do home).
O maxisterio era outra das saídas profesionais. Algúns centro privados ocupábanse da súa formación así como a Escola Lancasteriana. O título obtíñano previo exame de reválida nas Escolas Normais de Mestres. Habería que esperar a 1858 para que aparecese a primeira cultura feminina co título oficial coa Escola Normal Central de Mestras.
A Lei Moyano de 1857 permite que se establezan as Escolas Normais de Mestras para mellorar a instrucción das nenas. Aínda así en 1880 non se estudaban nestas escolas nin Xeometría, nin Ciencias Naturais nin Física.
Nun Decreto de 17 de marzo de 1882 confía, case exclusivamente o ensino de párvulos, ás mulleres.
Respecto a profesión de enfermería non se consideraría como tal ata 1880 onde o Instituto Rubio, hospital docente de caridade, crearía unha escola para a súa formación.
Matricularse libremente no ensino universitario oficial, sin previa consulta á autoridade, non sería posible ata 1910.Entre os anos 1880-1890 quince mulleres conclúen os seus estudos universitarios.
Emilia Pardo Bazán convertiríase na primeira catedrática universitaria en 1916 e, co voto en contra do claustro.

Nunca é tarde


Eu tiña unha granxa en África…
Karen Blixen (Rungsted, Dinamarca, 1885-1962), tamén coñecida polo seudónimo de Isak Dinesen, foi unha escritora serodia que  publicou o seu primeiro libro –Seven Gothic Tales (1934)- case aos cincuenta anos. Posteriormente escribiría, entre outros e tamén en inglés, Out of África (1937), un relato dos anos pasados en Kenya dirixindo unha plantación de café, Winter´s Tales (1942) e Anecdotes of Destiny (1958). Publicado póstumamente no ano 1963, Ehrengard  foi o seu derradeiro libro.
O  texto de Karen Blixen, Ehrengard , é un xeito de abandonar o real, a súa carga e consecuencias para abrir o territorio dos soños. Segundo a propia autora, todas as penas pódense soportar se facemos que entren a formar parte dunha historia ou se contamos unha historia sobre elas.

Elas tamén lían, len e seguirán lendo.

Con esta galería de imaxes queremos salientar o valor do libro. Como lectoras ou como escritoras velaí vai esta galería de imaxes.