25 de feb. de 2016

24 de feb. de 2016

ROSALÍA DE CASTRO UN NOVO ANIVERSARIO

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

11 de feb. de 2016






Tempo de Entroido

Vimos de rematar a celebración do Entroido no Barbón!
O venres 5 de febreiro de 2016 festexamos a chegada do Entroido. Felicitar o éxito organizativo e participativo de toda a comunidade educativa.






1 de feb. de 2016

ENTROIDO 2016 NO CEIP GARCÍA BARBÓN

Sen perder ese ánimo festeiro que sempre nos acompaña retomamos un curso máis a celebración do Entroido no colexio, este ano adicado aos xogos olímpicos.


Contamos ademáis cunha programación ampla que comeza mañá cas ordes do MECO, que continúan o mércores e xoves ....e rematan co desfile e festa do venres no patio do colexio.
As ordes son:
Martes para estar gozoso ponte algo no pescozo
Mércores para o Meco facer rir, xoias debes lucir
Xoves, que Meco máis falcatrueiro, manda traer un sombreiro

Desexando que teñades o mellor dos Entroidos ...a disfrutar coa festa rachada...