1 de feb. de 2016

ENTROIDO 2016 NO CEIP GARCÍA BARBÓN

Sen perder ese ánimo festeiro que sempre nos acompaña retomamos un curso máis a celebración do Entroido no colexio, este ano adicado aos xogos olímpicos.


Contamos ademáis cunha programación ampla que comeza mañá cas ordes do MECO, que continúan o mércores e xoves ....e rematan co desfile e festa do venres no patio do colexio.
As ordes son:
Martes para estar gozoso ponte algo no pescozo
Mércores para o Meco facer rir, xoias debes lucir
Xoves, que Meco máis falcatrueiro, manda traer un sombreiro

Desexando que teñades o mellor dos Entroidos ...a disfrutar coa festa rachada...

Ningún comentario:

Publicar un comentario