29 de maio de 2015

GAÑADORES DOS PREMIOS "NOS LEMOS , E TI?"


As gañadoras son as seguintes:

-Primeiros lectores (1º, 2º , 3º E.P.)
 Noa Fernández Curra
(B.P.E. Antonio Odriozola, Pontevedra)



 
-Lectores Avanzados (4º, 5º, 6º E.P.):
Paula Cutrín Calvo
(CEIP Os Casais, Maniños-Fene. A Coruña)


-Superlectores (1º, 2º ESO):
Icía Pazos Avílez
(CPR Plurilingüe Andaina, Rutis-Culleredo. A Coruña)

PREMIOS "NÓS LEMOS, E TI?"

Co gallo do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, xunto coas súas catro seccións (entre as que se encontra GÁLIX), co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convocou o concurso “Nós lemos, e ti?”.
Participaron no certame 143 selfies que  se distribuiron nas tres categorías do seguinte xeito:
  • Primeiros lectores: 50.
  • Lectores avanzados: 72. 
  • Superlectores: 21.

14 de maio de 2015

XOGOS POPULARES

Co gallo das Letras Galegas o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza, xunto coas profesoras do Departamento de Educación Física do IES A Guía, unha xornada de xogos populares.

As actividades serán impartidas polos alumnos/-as do Primeiro Curso do Ciclo Superior de “Animación en Actividades Físico Deportivas” e estarán coordinadas polas súas titoras.
Xogo e deporte son termos completamente diferentes aínda que complementarios xa que “cada deporte é un xogo”, aínda que non todos os xogos se converten en deportes.
O Xogo popular é aquel xogo que nace no seo dunha determinada comunidade para dar satisfacción ás súas necesidades lúdicas. Necesidades, claramente marcadas, polo xeito particular de vida.

Co intento de dar a coñecer  no ámbito urbano estes xogos e co ánimo de que estes xogos practicados en Galicia non se esquezan o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP García Barbón pon en marcha esta actividade.

Queremos agradecer de antemán a colaboración co IES A Guía e especialmente a Olga Cabaleiro (nai dun alumno do noso centro) para poder levar a cabo esta actividade.
“Xogas?”