17 de mar. de 2015

UN ECLIPSE DE SOL DESPIDE O INVERNO E DA PASO A PRIMAVERA



O próximo venres 20 de marzo ás 9.04 hora peninsular o bordo da lúa irase adentrando no disco solar provocando o comenzó dun eclipse solar. A máxima intensidade chegará unha hora máis tarde e irá diminuíndo ata o seu fin ás 11.18 horas.
O eclipse será total aínda que só se poderá ver nas illas Feroe ou illas Faroe ("illas de cordeiros"), arquipélago no Atlántico Norte entre Escocia, Noruega e Islandia. Estas illas son un país autónomo do Reino de Dinamarca pero non pertencen a Unión Europea.



 
Tamén se poderán ver no arquipélago Svalbard, situado no oceáno Glaciar Ártico, ao Norte do continente europeo, que forma parte do Reino de Noruega.




Non haberá outro eclipse total ata o 12 de agosto de 2026 ou o 2 de agosto de 2027.

En Galicia só se poderá ver de xeito parcial (80%).
 Para observalo podedes ir ao Vao, en Coruxo, a partir das 9 da mañá, onde se colocarán telescopios, prismáticos con filtros solares e gafas especiais. Tamén a Praza do Rei será un lugar óptimo para visualizalo.

Recordade que non se debe observar o eclipse sen tomar as debidas precaucións xa que pode provocar graves lesións oculares. Recoméndase empregar filtros Mylar ou cristais de soldadura con alto factor de protección.









Ningún comentario:

Publicar un comentario