28 de out. de 2014

CONTOS PARA ASUSTAR O MEDO EN VARIAS LINGUAS

Emily Gravett. Ed. Macmillan.

Distiquifobia, fagofobia... Todo o mundo ten medo a algo. O libro ten o formato dun caderno que escribe o pequeno rato. Neste libro atopamos a frase: "Ti tamen podes superar os teus medos". Macmillan na versión orixinal e Patasdepeixe en galego.


Emily Gravett.  Patasdepeixe editora.

CONTOS PARA ASUSTAR O MEDO




Unha grande amizade entre un bruxo que caza nenos para a súa despensa e a súa próxima vítima. Carabuñas, a historia dun bruxo que nunca cortaba as uñas.

Carabuñas. OQO Editora. Margarita del Mazo&Charlotte Pardin.




Seis Barbudos. OQO Editora. Mar Pavon&Vitalikonstantinov
Seis barbudos entraron nunha panadaría e o panadeiro caeu co susto. Os clientes estaban atemorizados. Aínda que...non é bo deixarse levar pola primeira impresión.



Esta foi unha das últimas obras escritas por Poe. Publicada en 1849, ano da súa morte trátase dunha obra macabra de dor e vinganza na que o bufón decide tomar a xustiza pola man e acabar de vez cos desprezos que os cortesáns lle fan a súa amiga Tripetta. Lou Read e David Bowie inspiráronse neste personaxe dedicándolle un tema musical.

Hop Frog. OQO Editora.

Para maiores de nove anos.




Contos completos de Edgar Allan Poe. Editorial Galaxia. 
Premio Lois Tobío ao libro traducido do 2009 concedido pola Asociación Galega de Editores.

CANTANDO NO SAMAÍN

OUTRA VISIÓN DO SAMAÍN



Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, o fin do ano vello e o remate das colleitas. Comezaba así o inicio do inverno, da época escura.
Anne Ross, na súa obra Druídas fálanos do significado das cabezas para os pobos celtas. A cabeza, como morada do espíritu era o verdadeiro “centro” do ser dunha persoa. Pendurando a cabeza dos seus inimigos pensaban que gañaban a protección e os poderes máxicos que pusuían. Na idade de ferro poñíase unha vea dentro das cabezas (répricas de pedra, madeira, metal e oso) nesta estación.
Pero o Samaín era tamén unha festa de descanso dos guerreiros celtas. A carne de porco, consagrada ao deus Lug, e o hidromel dan acceso á eternidade.


21 de out. de 2014

TEMPO DE MARMELO E GRANADA



O marmeleiro é unha árbore da familia das rosáceas. Orixinaria de Ásia Menor dá como froito o marmelo. O froito ten unha cor dourada e forma de pera grande moi axeitada para facer doces. A palabra orixinal de marmelo deu lugar a palabra galego portuguesa que se espallou a outras linguas, marmelada.

Fonte de vitamina C en estado natural, durante o cocemento pérdese.


                                    

Granada ou milgrandeira. Orixinaria do actual Irán e Iraq.
Rica en potasio, ferro, magnesio e calcio é unha das denominadas “superfroitas” .

Consúmese gran a gran apartando a codia e as lamelas amargas que separan as celas onde se encontran.






15 de out. de 2014

A LÚA MENTIREIRA

Hughes, pintor prerrafaelita.
As fases da Lúa teñen que ver coa súa colocación respecto á Terra e ao Sol. Como sabes, a Lúa é mentireira, cando decrece ten forma de C e cando crece forma de D






As fases da lúa neste mes de outubro son:

  • Cuarto minguante. Mércores, 15 de outubro de 2014, 21:13
  • Lúa nova.Xoves, 23 de outubro de 2014, 23:56
  • Cuarto crecente. Venres 31 de outubro de 2014, 03:48

7 de out. de 2014

A FEIRA DO LIBRO DE FRANKFURT



Cos obxectivos de lle dar visibilidade á produción editorial galega e de favorecer un espazo para a actividade comercial entre os axentes galegos e os dos diversos países que participan no evento, a Xunta de Galicia habilita un stand no que se amosarán este ano as novidades de Edicións Xerais, Editorial Galaxia, Baía Edicións, Kalandraka, KNS, Hércules Ediciones e Nova Galicia Edicións
Ilustración galega, con Xosé Tomás
A ilustración galega será protagonista este ano nesta cita co libro. Ao abeiro da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (Agpi), o ilustrador Xosé Tomás impartirá dous obradoiros, os días 9 e 10 de outubro, para lle achegar ao público unha mostra da ilustración en Galicia.

A diferenza doutras feiras a Feira de Frankfurt está orientada a profesionais e só se abrirá ao público a fin de semana.
O director do evento Jürgen Boos protagonizará unha das citas máis esperadas da feira cunha charla sobre a lectura co autor Paulo Coelho. Estará presentes tamén Ken Follet, Alessandro Barico o premio nobel de literatura rumano-alemana Herta Müller.

O país convidado é Finlandia.


QUE SE MOVE NO OCÉANO



O artista monfortino Antón Patiño inaugurou no Museo do Mar a exposición “Océano”, que reúne doce pezas de gran formato nas que o pintor trata de plasmar no lenzo o amplo abano de sensacións que provoca o mar.
As catástrofes ecolóxicas dos últimos anos, os fogos de San Telmo, os solpores e a transparencia do mar son algúns dos temas tratados.
A exposición pódese visitar ata o 30 de novembro.

O FIRMAMENTO NO OUTONO



Segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional o outono comezou o martes 23 de setembro. Esta estación durará 89 días e 20 horas e rematará o 22 de decembro co comezo do inverno.
Desde o punto de vista astronómico no ceo matutino durante o outono vaise ver Xúpiter e a el vaise unir Saturno ao final da estación. Ao comezo da noite vaise ver Marte e, ata mediados do outono Saturno.
Durante o outono vanse producir dous eclipses, un total de Lúa (8 de outubro) e un parcial de sol (23 de outubro) aínda que ningún deles será visible desde Galicia.
Por outra banda o domingo 26 de outubro terá lugar o cambio de hora, recuperando deste xeito o horario de inverno.
En canto a agrupación de estrelas, coñecidas como constelacións, arredor da Estrela Polar van a verse pola noite Cisne, Casiopea, Osa Menor e Xirafa.
A primeira chuvia de meteoros que se produce é a das Dracónidas, que ten o punto álxido o 8 de outubro. Outra chuvia de estrelas popular é a das Leónidas que se da arredor do 17 de novembro. Pero a chuvia de estrelas máis intensa soe ser a das Xemínidas cuxo máximo se da arredor do 13 de decembro.
A primeira lúa chea do outono darase o 8 de outubro dándose as seguintes o 6 de novembro e o 6 de decembro.




3 de out. de 2014

RECOMENDACIÓN DE LECTURAS 4 DE OUTUBRO: DÍA DOS ANIMAIS



O 4 de outubro de 1929 foi declarado o Día Mundial dos Animais por iniciativa da Organización Mundial de Protección Animal nun congreso celebrado en Viena.


Desde o EDL do CEIP García Barbón tratamos de divulgar valores naturais e culturais coa intención de facer un chamamento na conservación dos hábitats para que todos /-as poidamos gozar da riqueza natural co fin de posibilitar a conservación do medio.

En Galicia atopamos 47 especies en perigo de extinción, entre elas a aguia, a pita do monte, o arao e o mazarico real .








O Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP García Barbón quere darvos a benvida a un novo curso escolar.



O Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP García Barbón quere darvos a benvida a un novo curso escolar. Estamos traballando para mellorar o blogue, tratando así de renovalo. Ao longo dese proceso, o blogue vai experimentar cambios. Pregamos desculpedes as molestias.