26 de feb. de 2014

Entroido 2014

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon á disposición dos centros educativos e dos equipos de dinamización da lingua galega novos materiais e recursos relacionados coa celebración do Entroido:
http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2014

24 de feb. de 2014

Rosalía de Castro

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o día de Rosalía, unha figura imprescindible na nosa historia. Á instancias do Equipo de Biblioteca do cole, todo o cole traballou esta autora, e como mostra aquí queda o traballo do grupo de 2ºA, que tamén podedes ver no seu blogue.

http://osdabarxa.blogspot.com.es/
Tedes máis información sobre o día de Rosalía no blog da biblioteca http://bibliotecadobarbon.blogspot.com/

20 de feb. de 2014

19 de feb. de 2014

Rosalía pequeniña

O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía. 
Hai algún tempo Uxía estrenou un novo traballo cun feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía.

Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada. Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar. Rosalía de Castro. Na voz de Uxía e na voz dunha lexión de cantadeiras e un nutrido grupo de músicos.
Aquí queda a presentación deste traballo:

O Equipo da biblioteca do cole preséntanos varias recomendacións no novo blog http://bibliotecadobarbon.blogspot.com.es/

10 de feb. de 2014

Aí o ven!!!!!

Aí o ven! e para irnos facendo a idea auí vai un video de Paco Nogueiras Nodar, un tesouro que atopamos na rede.