8 de nov. de 2013

Visitounos Francisco Castro, e...

os nenos e nenas de 6º fixeron poesía.
O 6 de novembro visitounos o escritor Francisco Castro, que como sabedes tamén estivo na inauguración da nova biblioteca do cole. Chegou cedo, primeiro a 6º A e despois a 6º B. Contounos algo do seu traballo, e despois fíxonos traballar a nós. Axudando un pouco, e a partir de palabras que se foron encadenando, cada un dos nenos e nenas de 6º, foron quen de facer unha poesía. Outro día, e con permiso dos autores, deixaremos aquí algún exemplo, pero de momento deixamos unhas fotos dese día, e por suposto o noso AGRADECEMENTO a Francisco Castro, que sempre está disposto a colaborar. GRACIÑAS.



Ningún comentario:

Publicar un comentario